Sun Microsystems lanza unha nova versión do cluster MySQL

Lendo mancomun.org:
“Sun Microsystems vén de anunciar a dispoñibilidade de MySQL(TM) Cluster Carrier Grade Edition 6.3, a última versión da súa base de datos en tecnoloxía aberta de alta dispoñibilidade, especialmente deseñada e certificada para o seu uso en contornas de telecomunicacións, tal como os sistemas para a xestión de datos de subscritores (HLR, HSS) e as plataformas de subministración de servizo.”…


…”Esta nova versión permite aos provedores de servizo e aos de equipos de rede despregar aplicacións de bases de datos máis grandes e ofrecer dispoñibilidade de datos en distintas xeografías en caso de existires algún erro no sitio.
MySQL Cluster 6.3 Carrier Grade Edition é un sistema de base de datos especialmente deseñado para satisfacer os requirimentos de alta dispoñibilidade, escalabilidade e baixa latencia das aplicacións no sector das telecomunicacións. MySQL Cluster Carrier Grade Edition é parte da base do sistema de Xestión de Datos de Subscritores para provedores líderes en equipos de rede, entre os que se atopan Alcatel-Lucent, Nokia Siemens Networks e Nortel.”…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios