Amigus
As Pontes

Telefónica recebe luz verde para a TV vía ADSL

Lendo iblnews.com:
“O Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía dixo o martes que autorizaran a Telefónica a lanzar a escala nacional o seu novedoso proxecto de televisión de pago vía ADSL, o seu acceso rápido a Internet.
‘O secretario de Estado de Telecomunicacións asinou o venres pasado o decreto que permitirá a Telefónica comercializa-la televisión de pago vía Internet’, dixo un portavoz do Ministerio, confirmando informacións neste senso publicadas polo diario Expansión, segundo informa Reuters.”…


…”Telefónica solicitou este verán unha licencia para dar servicios de televisión, radio e vídeo baixo demanda a traveso da súa rede ADSL.
Un portavoz de Telefónica en España dixo que os novos servicios, que se comercializarán baixo a marca de Imagenio, custarán 48 euros ó mes e incluirán 22 canais de televisión, 15 canais de radio dixital, vídeo baixo demanda e acceso a Internet en banda ancha.
Non obstante, esta fonte non quixo revelar se existen plans concretos do desplegue da mesma.
O verán pasado, Telefónica xa advirtiu que o lanzamento do novo servicio non se faría de forma masiva ó requiri-la instalación de decodificadores e o axuste da maioría das centrais de conmutación para soporta-los servicios de Imagenio.
Dende xaneiro de 2002, Telefónica comercializa a televisión de pago vía Internet nun proxecto piloto en Alicante, aínda que ata a data só conta cuns 300 clientes. A operadora tamén ofrece Imagenio en forma de proba a un número reducido de empregados en Madrid e Barcelona.”
Fonte: iblnews.com

También podría gustarte
Comentarios