Telfónica e Vodafone presentan os seus plans de lanzamento de UMTS

Lendo barrapunto.com:
“2004 será por fin o ano da terceira xeración dos teléfonos móbiles. Vodafone e Telefónica Móbiles presentaron a pasada semana os seus proxectos para empezar a comercializa-la tecnoloxía UMTS, que permite acceder dende os móbiles ó correo electrónico, Internet e intranets corporativas, ó longo do vindeiro ano.”…


…”Así, o conselleiro delegado da filial de móbiles de Telefónica, Javier Aguilera, anunciou o lanzamento da fase precomercial do seu servicio UMTS. Aguilera apuntou que a súa compañía ten previsto invertir 1.000 millóns de euros en infraestructuras para esta tecnoloxía no periodo 2003-2006.
Actualmente conta con 750 estacións base UMTS instaladas e marcouse como obxectivo dispoñer de 1.100 a finais de ano para dar servicio ás 52 capitais de provincia, e de entre 7.000 e 8.000 en 2005. Pola súa parte, Vodafone dispón xa de 1.000 estacións.
O conselleiro de Telefónica móbiles sinalou que a súa empresa xa comezou a repartir gratuitamente 2.500 tarxetas PCMCIA, precisas para a conexión UMTS, entre cerca de 500 clientes de tódolos sectores e de toda España para evalua-lo funcionamento deste servicio. Utilizando estas tarxetas os usuarios poderán acceder dende o seu ordenador portátil ós servicios de datos de Oficina MoviStar UMTS e, a traveso de alí, navegar por Internet ou entrar no correo electrónico, a velocidades de transmisión de 384 kbit/s, similares ás do ADSL.”
Fonte: madridwireless.net

También podría gustarte
Comentarios