TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 0 – AROUSA SC 2

O equipo de Xurxo Otero sitúase en postos de play off coa súa vitoria no Poboado.

Nova derrota do As Pontes, nesta ocasión 0-2 ante un Arousa que non tivo que facer moito para levarse os tres puntos do Poboado.

Un tanto no primeiro tempo de Sidibé, e un penalti transformado por Fran Matos deron a vitoria ós de Xurxo Otero, que tralo tropezo do Vilalbés, sitúanse en postos de play off, cuartos con 52 puntos, os mesmos que o conxunto chairego, pero mellor diferenza de goles, antes de recibir ó Dubra.

Nada máis comezar o encontro xa tivo que estirarse Paco, e mediado o primeiro período, cando Julio Rey estaba a piques de rematar en inmellorable posición, salvou Callón arrastrándose polo chan (24´). Logo, tras unha falta lateral, remata completamente só Rivas, despexando Paco, o rexeite recolleo o ex jugador local Hugo Soto, que remata ó primeiro pau e volve a desviar o balón o meta ferrolán (27´).

Tanto vai o cántaro á fonte que tras un saque de esquina de Julio Rey, non alcanza o balón Paco, e chegando sen oposición Sidibé, cabecea ó fondo da rede (28´).

Curiosamente a partir de aí chegaron as mellores oportunidades do As Pontes. Un pase inmellorable dende banda esquerda de Pardo non o alcanza Marcote por pouco (34´), e logo é ó xogador de Ortigueira, ó que lle cae un balón morto case na área pequena, pero sorprendentemente envíao por alto (35´). Noutra xogada, recibe de costas Marcote, plantase ante Pazos, pero dispara fóra (42´).

Tralo descanso, saíron despistados os locais, pois Hugo Soto regateou a dous defensas, e o seu pase da morte rematao Julio raso, e salva Paco cos pes (46´). Logo é Manu quen regatea a varios xogadores, e cando se vai a quedar só ante o porteiro, despexa o perigo o bo central de Oleiros, Callón, resultando lesionados ambos futbolistas (59´).

O recén ingresado Antón rouballe un balón en banda a Buyo, centra a un Soto que se queda só e quitalle o balón Paco, desbaratando outra ocasión visitante (71´). Non soubo romper o equipo local o fora de xogo, e cando se marchaba Soto só cara a porta foi derribado por detrás por Buyo. Fran Matos anotou o penalti e sentenciou o encontro (76´).

Os visitantes conservaron a ventaxa mentres os locais apenas fixeron ningunha aproximación de perigo nos segundos 45 minutos. Seguen cos 18 puntos de fai varias xornadas, antes de visitar ó colista Ordes.

Oitava vitoria arousana en campo pontés polos cinco triunfos locais, e seis empates.

0 CD As Pontes: Paco, Criado, Buyo, Callón (Fran 64´), Prieto, Rubio, Pardo, Caique (Jaime 87´), Núñez, Marcote (Ibu 73´), David, Pardo

2 Arousa SC: Pazos, Marcos, Suso, Rivas, Vitra, Sidibé, Fran Matos (Óscar 88´), Sergio, Hugo Soto, Manu (Antón Vilas 63´), Julio Rey (Eloy 77´).

Goles: 0-1, Sidibé (28´). 0-2, Fran Matos, de penalti (76´).

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores. Partido da 29ª xornada.

Árbitro: Javier Pérez Prado (Lugo). Auxiliado nas bandas por Montero Piñeiro e Fernández Rivas. Amarillas a Paco, Pardo, Fran e Buyo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios