Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – RC DEPORTIVO DE A CORUÑA B 2

O Deportivo B proclámase campión de Liga no Poboado, no último encontro do As Pontes en Terceira.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O Deportivo B proclámase campión de Liga no Poboado, no último encontro do As Pontes en Terceira.

O filial deportivista proclamouse campión da Terceira División galega tras vencer en As Pontes 1-2. Houberano feito incluso perdendo, tralos empates a 0-0 dos seus máis inmediatos perseguidores, Bouzas e Cerceda, pero quixeron conseguilo ó grande.

Os herculinos, que, sen grandes ocasións, dominaron máis no primeiro tempo, puxeron terra de por medio con dous goles antes do descanso.
Anteriormente, avisaron en sendos disparos de Corredera (5´), que despexa Paco, e nun tiro alto de Jardel (18´).

Logo respondeu o equipo azul, con unha internada de Pardo que se adianta moito o balón (32´), e un balón morto, no que chega Marcote antes que Alex Cobo, que quizais o leva por diante, remata, pero consegue controlar o balón o pontés Fornos antes de que entre (38´).

Antes do intermedio chegaron os dous tantos que case sentenciaban o ascenso. Nun balón que rouba ó límite Pinchi en banda ó defensa Prieto, que arriscou moito ante o segundo máximo goleador da categoría, e quizáis debería haber despexado o balón ou desvialo a banda, encara o canteirán coruñés a Paco, e bateo de forte disparo por baixo (40´), logrando o seu 22º gol. Xa no desconto, falta ó borde da área que bota maxistralmente Molina, pega no longueiro, rebota sobre a liña, quizáis incluso dentro, pero o rexeite aproveitao, entre varios xogadores visitantes que se atopaban libres de marca, Jardel, para cabecear por alto, volvendo o balón a pegar no traveseiro, pero acabando por introducirse definitivamente (46´).

No comezo da segunda parte, bo disparo de Molina, que despexa Paco (47´), ó que lle segue un mal despexe de Cobo, que rebota en Diego Núñez e o balón pasease pola área visitante (50´). Logo é Marcote quen remata case sen ángulo axustado ó pau e obriga a Cobo a estirar a luva (53´).

Tras anular o colexiado un discutible gol a Corredera (58´), recurtou distancias o equipo local, nunha falta lateral que bota David, e remata de cabeza Fran Cortés, poñendo o balón onde Alex Cobo non pode chegar, conseguindo marcar durante catro xornadas consecutivas o xogador murciano (61´).

Nos últimos instantes os azuis tentaronno ata o final para tratar de deixar bo sabor de boca ante o mellor equipo da categoría nos afeccionados locais, que se despiden da terceira, e os visitantes buscaban manter o marcador e aproveitar as contras. Facíano incluso con unha xove defensa, na que só tiña gran experiencia na categoría o bo central de Oleiros, Callón.

Boa xogada de Corredera por banda e disparo final que obriga a estirarse a Paco (66´). Responde o cadro local, con unha perigosa internada por banda de Ibu, que centra, e o balón quédalle un pouco curto a Pardo, que se trastabilla co balón nos pés (68´). Despois, forte zapatazo de Fran Cortés dende fóra da área, que se vai lamendo o poste (71´).

Puido sentenciar o conxunto herculino nun balón morto que lle cae a Corredera dentro da área e remata fóra (77´), ou Jardel, quen tras un bo control dentro da área, no que se desfai de Jandro, o seu forte disparo marcha por riba do longueiro (84´).

Non se moveu o marcador e así os deportivistas encaran a última xornada ante o descendido Dubra, quen sen embargo volveu a vencer hoxe ó Barbadás 3-2, con 78 puntos, por 71 de Bouzas e Cerceda, xa campións, e agardando rival no play off.

Mentres, o As Pontes segue antepenúltimo con 28 puntos, e visita ó Ribadumia, que se está xogando a teórica praza de arrastre do Somozas, co Céltiga.

Novena vitoria do filial deportivista no Poboado, polos tamén nove triunfos ponteses e cinco empates.

1 CD As Pontes. Paco, Criado, Jandro, Callón, Diego, Prieto (Rubén 45´), Marcote (Ibu 60´), Caique (Ramos 60´), Fran, David, Pardo.

2 RC Deportivo de A Coruña B. Alex Cobo, Iago, Fornos, Arnau, Lucas, Carlos, Pinchi (Borja Domingo 88´), Corredera (Carreón 90´), Jardel, Molina, Borja Galán.

Goles: 0-1, Óscar Pinchi (40´) 0-2, Jardel (46´). 1-2, Fran Cortés (61´).

Arbitro: David Pereiro Ferreiro (Lugo). Auxiliado por Jiménez Jiménez e Castro Gómez. Amarielas a Criado, Callón, Caique, Fran, Pardo, Carlos e Pinchi.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde soleada. Partido da 37ª xornada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios