Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – CARBALLIÑO F.S. (3-4)

O Esteo despediu a tempada cunha triste derrota na casa diante do Carballiño, equipo situado nos postos baixos da clasificación e ó que os ponteses na primeira volta meteron unha ducia de goles na súa pista. Mal partido do Esteo, ó que, a dicir verdade, despois de conquistar o título e lograr o ascenso, sobráronlle as catro derradeiras xornadas. O equipo ourensán saíu moito moi motivado fronte ó campión de liga e, ante a lentitude do xogo dos ponteses, tomaron dende o principio as rendas do encontro indo sempre por diante no marcador, que en dúas ocasións neutralizou o Esteo. Ó descanso os visitantes gañaban por 2-3 con goles de Álvaro, Pumu e Gustavo, mentres que para o Esteo marcaron Gerardo e Fran. Na segunda parte os ponteses seguiron co seu ritmo lento e nunca foron capaces de lucir o xogo que os levou ó título de liga, mentres que os ourensáns presionaron no centro da pista e chegaban con facilidade e perigo á portería pontesa. Así, de novo Álvaro marcou un golazo en xogada persoal, o segundo da súa conta particular. Vendo que o encontro se lle ía, nos últimos minutos o Esteo atacou máis para lograr, cando menos, o empate e a dous minutos do final Gerveno anota o terceiro tanto pontés aproveitándose da superioridade numérica despois da expulsión de Roi, por dobre amarela. Nos instantes finais houbo ocasións nas dúas porterías, sobre todo para os visitantes, que en dúas oportunidades estiveron a piques de introducir o balón na porta local. En resumo, vitoria merecida do Carballiño e mal partido dun Esteo que non estivo á altura doutros encontros e que non puido dedicarlle a vitoria a Pellón na súa despedida do fútbol sala logo de 24 anos de actividade. Unha dilatada traxectoria deportiva de Pellón que comezou ós quince anos no histórico Autos Puentes para rematar no actual equipo da localidade e tras pasar por unha ducia de clubs de división de honra, de prata e primeira nacional A.
esteo


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Iván, Pelu, Pellón, Gerveno, Gerardo –cinco inicial- Fran, Héctor e Pablo.
CARBALLIÑO FS: Pucho, Gustavo, Javi, Pumu, Álvaro –cinco inicial- Fente, Neira, Roy e Borja.
ÁRBITROS: Rivas Fouz e Menéndez Nistal (Viveiro). Expulsaron, por dobre amarela, a Roi, do Carballiño. Tamén foron amoestados Héctor e Neira.
GOLES: Min. 2 (0-1), Álvaro. Min. 4 (1-1), Gerardo. Min.5 (1-2), Pumu. Min. 12 (2-2), Fran. Min. 17 (2-3), Gustavo. Min. 33 (2-4), Álvaro. Min. 38 (3-4), Gerveno.
INCIDENCIAS: Derradeiro partido de liga da Terceira División de fútbol sala disputado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha frouxa entrada de afeccionados, apenas uns cen espectadores nas gradas. Antes do inicio os xogadores e directivos do Esteo fixeron un pasillo a Pellón como homenaxe a súa longa e dilatada etapa deportiva. En vindeiras datas o Club pontés ofreceralle a merecida homenaxe.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios