TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 SD NEGREIRA 0
Victoria con excesivo sufrimento do As Pontes ante o Negreira onde o máis importante son os tres puntos que sitúan ó cadro de Manolo García momentáneamente séptimo con 15 puntos, e o que é máis importante, alonxa en dez o descenso antes de visitar ó líder Ordes.
Puido adiantarse o cadro local con dous remates ó longueiro de Sergio Arias (11´), neste caso non sabemos si o liña sinalou fora de xogo, e o máis claro de Iván González (27´), tras un pase en profundidade de Arias, Amado cabalga por banda dereita, cede atrás, e Iván fusila ó longueiro. Un centro de Amado é desviado por un defensa a rentes do pau (31´).
O encontro viuse condicionado pola rigurosa expulsión do dianteiro visitante Diego Otero (37´) que xa tiña unha amarela, e tras protestar unha falta o colexiado ensinoulle a segunda.
Aproveitouno rápidamente o As Pontes e Sergio Arias, tras recibir no borde da área na parte dereita, desfaise dun defensa e marca dende lonxe dun forte tiro raso (41´).
Antes do descanso nun centro de Esmorís, no seu intento de despexe, Pacheco desvía a córner por pouco (45´). Ese mesmo córner sacao Bossa e despexa Álvaro con apuros.
Moi contemplativo estivo o cadro azul no segundo tempo, onde, a pesar de dominar e controlar, non conseguiu ampliar o marcador e houbo que sufrir ata o último minuto.
A pesar de xogar cun menos, Toja quedou so, pero por sorte Kiko botouselle enriba (57´). Tiro de Iván (60´) e Arias (62´) que rexeita Álvaro, e disparo de Bossa por fóra (65´).
Perigosos contragolpes do As Pontes, tiro cruzado de Alex Cabarcos (70´), e un pase ás costas de Arias a Amado, pero este que se quedaba so ante Álvaro perdeu a orientación do balón (78´). Incluso o recén convocado pola selección galega, Aitor, non alcanza a cabecear un saque de córner no que o balón se paseou pola área rival (85´).
Pero como en calquer xogada podía chegar o perigo tivo unha última o cadro nicrariense nas botas de Blanco, pero entre Domínguez e Kiko solventaron a papeleta (90´).
Visita ó líder momentáneo a semana que ven, o Ordes, que gañou a domicilio ó imparable Laracha.
CD As Pontes. Kiko, Rochela, Nano, Pablo López (Dani 52´), Aitor, Esmorís (Alex Cabarcos 67´), Iván González (Fidi 81´), Bossa, Arias, Amado, Pablo Domínguez.
SD Negreira. Álvaro, Pacheco, Gesto, Bautista, García, Jesús, Toja, Gonzalo (Juan Diego 84´), Otero, Adrián (Anxo 69´), Álvaro Varela (Blanco 78´).
Goles: 1-0, Sergio Arias (41´).
Árbitro: Óscar López Fernández (A Coruña).Auxiliado nas bandas por Orozco Corredoira e López Vila. Amonestou a Rochela, Esmorís, Iván González, e expulsou tras ver a segunda amarela a Diego Otero no 37´.
Campo e incidencias: Uns 150 espectadores no Campo do Poboado, en tarde despexada. Retirouse por parte local lesionado Pablo López (52´).
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.