TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – PONTEVEDRA CF 4

Gran varapalo o que sofreu o As Pontes na xornada de onte. Sabíase da maior calidade dos granates, pero non se agardaba un resultado tan avultado, o que indica que os azuis terán que loitar, e moito, para meterse entre os catro primeiros e aínda así será moi difícil.
A pouca contundencia defensiva local e o maior empaque visitante decidiu o encontro. Medio partido xa se puso de cara para os granates en apenas cinco minutos cando tras un saque o balón paséase pola área sen que ninguén o despexe e Javi Otero case sen querelo manda ó fondo das mallas.
A unha cabalgada de Arias non chega Amado (12´), e tras outra galopada do de Portomarín, tívoa Alex a medio palmo e con todo a favor pero mandouna por alto (34´). Replicou Carnero un minuto máis tarde facendo estirarse a Kiko. Nun contragolpe en posible fóra de xogo case se aproveita Javi Otero pero salva Kiko in extremis (37´), con algo de fortuna para os locais, pois o despexe vai ó corpo do xogador e o rebote sae a rentes do pau.
Sentenciou o Pontevedra nada más iniciarse o segundo tempo, tras un saque de falta, Javi queda so, quizáis en fora de xogo, pero o cadro local queda durmido reclamando, e Carnero chegando dende atrás libre de marca, dálle tempo a parar o balón e marcar a pracer (49´). Minutos de desconcerto no As Pontes, pois puido sentenciar Javi un minuto más tarde pero Kiko sacou co corpo, e outra vez o mesmo xogador e entre Pablo e Kiko salvan como poden (53´).
Tamén tivo as súas ocasións clarísimas o As Pontes pero hoxe non era o día, Pablo Domínguez, so, a medio metro, mandouna tamén por alto (58´).
“cdaspontes”


Roto o encontro, o As Pontes, con cambios ofensivos, buscou o gol que lle achegara no marcador, e o Pontevedra reservábase para as contras, así Carnero volve a quedar so, regatea a Kiko e marca a placer (78´).
Iván González dende fora da área manda o balón ó longueiro (80´), e xa nas postrimerías Benja marca de forte disparo dende o borde da área (92´) e apenas un minuto despois cabalgada de Amado que se leva o balón coa cabeza ante a saída de Sousa e marca a porta baleira.
Varapalo para un As Pontes ó que lle agarda o calendario máis complicado de aquí ó final de Liga e resultarálle moi difícil acabar entre os 4 primeiros. Dous perigosos envites lle agardan, visitar a un necesitado Negreira e recibir a un Ordes que está moi preto dos azuis na clasificación.
CD AS PONTES: Kiko, Rochela, Nano, Pablo López (Iván González 54´), Aitor, Dani, Amado, Bossa, Arias, Alex (Santi 63´), Pablo Domínguez.
PONTEVEDRA CF: Edu, Caco, Feito, Pablo, Yago, Kevin, Javi (Tubo 77´), Lede, Carnero (Benja 82´), Fran (Moreira 86´), David Pérez.
GOLES: 0-1, Javi Otero (5´). 0-2, Carnero (49´), 0-3, Carnero (78´), 0-4, Benja (92´), 1-4, Amado (93´).
CAMPO E INCIDENCIAS: Tarde fría pero soleada. Boa entrada, uns 500 espectadores nas gradas, con moita presenza de seguidores pontevedreses.
ÁRBITRO: David Congost Larrosa, auxiliado por Jordi García e Nico Horna, de Cataluña. Tarxetas amarelas a Caco, Feito, Kevin, Tubo e Aitor.
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
Nova de Xosé Ferreiro e AF

También podría gustarte
Comentarios