TERCEIRA DIVISIÓN: C.D. AS PONTES – S.D. GRIXOA (3-0)

Partido cómodo para o As Pontes ante un Grixoa do que se esperaba máis logo da súa remontada nas últimas xornadas. Os ponteses non quixeron deixar escapar unha boa oportunidade de sumar os tres puntos e seguir na loita polos postos de promoción e ó final acadaron unha máis que merecida vitoria por tres goles a cero ante o conxunto santiagués. Na primeira parte foi de dominio territorial do As Pontes ante un Grixoa que apenas pasou do centro do campo. Se ben, o vento tamén influíu un pouco no claro dominio do As Pontes, que se puido adiantar no marcador a pouco de comezar o encontro nun lanzamento de Iván que se estrelou no longueiro. Bossa tivo unha ocasión no minuto 21 e un minuto despois o árbitro non sinalou un penalti por derribo de Diego Conde sobre Iván. A única ocasión visitante veu no minuto 27 nun cabezazo alto de Adrián Padrón. O gol tiña que chegar e foi nun lanzamento de falta que o xenial Bossa introduciu polo escuadro da porta de Brais. Antes de rematar o primeiro tempo Iván tivo outra oportunidade de anotar o segundo tanto local.
No segundo tempo, a pesar de xogar co vento en contra, seguiu o claro dominio dos ponteses, que crearon perigo na portería de Brais. Primeiro foi Bossa nun lanzamento de falta que o porteiro visitante mandou a córner. Despois a un bo centro de David Amado dende a banda esquerda non chegaron por pouco Bossa nin Chicho. No minuto 27 chegou o segundo gol local nun saque esquina que bota Bossa e dun forte testarazo Dani mete o balón no fondo da rede. Despois veu unha ocasión de David Amado, pero o seu disparo foise lambendo o poste dereito da portería visitante. Sergio Arias, no minuto 37, puxo o 3-0 definitivo nunha internada e o seu forte disparo cólaselle por entre as pernas ó porteiro visitante. Con este gol e unha oportunidade de Chicho rematou o partido entre o As Pontes e Grixoa, equipo que visitaba por primeira vez o Poboado e que terá que loitar moito para salvar a categoría, mentres que o As Pontes segue na quinta posición á espera dun tropezo dos equipos que ocupan as prazas de promoción, sobre todo Cerceda e Pontevedra, que son os que están máis cerca, porque o Somozas segue imparable na consecución do título, que agora ten case na man despois do seu triunfo por 0-2 no campo do Deportivo B e a derrota do Boiro en Barbadás. Os somocenses toman unha clara vantaxe de catro puntos sobre os boirenses cando faltan tres xornadas para o final.
cdaspontes_0001.jpg


C.D. AS PONTES: Kiko, Hugo, Fidi, Pablo López, Dani, Pablo Domínguez, Iván (Santi, 67), Bossa, Sergio Arias, Chicho (Javi, 85) e David Amado (Chote, 85).
S.D. GRIXOA: Brais, Pintado (Peque, 67), Diego Conde, Cholo, Adrián Padrón, Diego Peña, Mon (Losada, 46), Tato, Buba, Brais C. e Moto (Calderón, 62).
ÁRBITRO: Uxío Caamaño Vázquez, asistido por Iván Mosquera e Alberto Bastos, da delegación de Vigo. Amoestou ó visitante Mon e ó pontés Sergio Arias.
GOLES: Minuto 34 (1-0), Bossa. Min. 73 (2-0), Dani. Min. 82 (3-0), Sergio Arias.
CAMPO E INCIDENCIAS: Partido da 35ª xornada de liga da Terceira División adiantado a este xoves. O campo do Poboado rexistrou unha entrada duns 200 espectadores nas gradas nunha tarde de sol e calor. Significativa presenza de seguidores santiagueses, entre os que se atopaba Ana Iglesias, a única muller presidenta dun club de Terceira División. Uns afeccionados desta pequena parroquia santiaguesa que amosaron un exquisito comportamento ó longo de todo o partido.
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios