Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 4 RÁPIDO DE BOUZAS 0

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Victoria contundente do CD As Pontes que o aproxima un pouco máis á salvación a falta de tres xornadas pra o remate da Liga. Non foi tan doado como semella polo marcador e os goles non chegaron ata o segundo tempo.
Na primeira metade o As Pontes foi o claro dominador. A mellor ocasión tivoa Soto, que se desmarcou, encarou so ó porteiro visitante pero o seu intento de regate desbaratao Llobes (9´). Tamén puideron marcar Esmorís e o propio Soto no 34´ e 39´ pero o seu tiro marchou por alto, e Iván González tras unha gran xogada individual na que dribla ó defensa pero o seu tiro cruzado marcha lambendo o pau (38´).
terceira_01.jpg


No segundo tempo revolucionou o encontro a saída de David Amado, no 48´ nin Hugo nin Pablo acertan a enchufar cando o balón se pasea pola área visitante, pero tres minutos máis tarde tras un pase en profundidade de Juan desde banda esquerda do seu propio campo, David controla, plantase ante Llobes e dende o borde da área marca o xusto 1-0. Ahí chegaron as mellores ocasións dos visitantes, dúas que non souberon concretar, pero é no 57´ cando o balón chega a Soto quen sen deixar caelo marca de tiro cruzado dentro da área o que semellaba o gol da sentencia.
A partir de ahí ambos equipos baixaron un pouco a intensidade e xa nas postrimerías, no 87´, magnífico pase en profundidade de Amado pra Iván que se desmarca e anota ante a saída do gardamallas visitante. Nada máis sacar de centro un sensacional Amado anota tras roubar o balon, regatear a un defensa e marcar de tiro cruzado. Moi ben o xogador naronés de 20 anos, que en 45 minutos marcou dous goles e deu unha asistencia.
O As Pontes a falta de tres xornadas é décimo con 42 puntos pero aínda non se pode cantar victoria porque por abaixo a clasificación está moi comprimida e tamén asustan Pontevedra, Fabril, Montañeros e Coruxo. Queda visitar Vilalbés e Santa Comba e recibir a Mesón do Bento e sería bo cando menos sumar un triunfo máis. Pero durante a Semana Santa os azuis respirarán algo máis aliviados.
CD AS PONTES 4. Simón, Moncho, Juan, Rochela, Piñeiro, Schuster, Pablo (Javi López 85´), Esmorís (David Amado 44´), Hugo Soto (David Vidal 77´), Bossa, Iván.
RÁPIDO DE BOUZAS 0. Llobes, Portas, Souto (Iago 62´), Agujetas, Toño, Campillo, Dis, Chema (Collazo 82´), Nacho (Jose Ramón 70´), Suárez, Darío.
Árbitro: Brea Peón (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Patricia Rodríguez e García. Amonestou a Piñeiro, Llobes, Portas e Dis.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde chuviosa.
Goles: 1-0, David Amado (51´), 2-0, Hugo Soto (57´), 3-0, Iván González (87´), 4-0, David Amado (88´).
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
terceira_01.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios