Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL SALA: MERA B – O ESTEO (1-6)

Clara vitoria do Esteo na casa do Mera B por un gol a seis (0-3 ó descanso). Partido da décimo cuarta xornada da Terceira División disputado no pavillón da Rabadeira, de Oleiros, ante un cento de espectadores.
Contundente triunfo do Esteo na pista do pechacancelas do grupo norte da Terceira División nun partido que os ponteses dominaron de principio a fin. O goleador Rubi, con dous tantos, e Gerardo puxeron en franquicia o marcador xa na primeira metade. O segundo tempo foi un calco da primeira, con dominio e posesión do balón por parte dos ponteses, que volveron a marcar por mediación de Noé, con dous goles, e Pelu. Xa nos minutos finais Rubi, nunha desafortunada xogada, marcaba en propia porta o tanto da honra dos oleirenses. Logo dos resultados desta xornada o Esteo supera en nove puntos ó segundo clasificado, Rececende. Un só punto nas tres xornadas que restan de competición, o Esteo lograría o título de liga da fase previa desta Terceira División e clasificaríase para disputar a fase de ascenso á Segunda División B. na vindeira o Esteo recibe no pavillón da Fraga ó Cidade de Viveiro.


MERA “B”: David, Imanol, Iago, Dani, Luis –cinco inicial- Jesús, Álex e Eder.
O ESTEO FS: Chotto, Pellón, Fran, Noé, Rubi –cinco inicial- Gerardo, Anxo, Pelu, Chavo e Diego.
ÁRBITROS: Dans Rey e Carreira Romero, da Coruña. Amoestaron a David, Iago e Dani, do Mera.
GOLES: Min. 4 (0-1), Rubi. Min. 6 (0-2), Rubi. Min. 9 (0-3), Gerardo. Min. 22 (0-4), Noé. Min. 23 (0-5), Noé. Min. 34 (0-6), Pelu. Min. 38 (1-6), Rubi en propia porta.
esteo1.jpg
esteo2.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios