TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 2 RCD VILALBÉS 2

Un gol de Angeriz no minuto 95´ salvou un punto para o As Pontes no encontro de rivalidade xogado na tarde de hoxe no Campo do Poboado.
A primeira metade foi do cadro lucense, que sobre todo creou perigo nos lanzamentos a balón parado do seu crack Justino. Asi, tras dous córners, puido marcar Félix en sendos remates de cabeza despexados por Simón no 3´ e paradón in extremis no 11´. Outro lanzamento de falta de Justino no 23´ despexouno con apuros Moncho a rentes do pau. Pra o As Pontes tan so salientar un balón rexeitado que lle caeu a Moncho na zona de perigo, que non acertou a marcar (6´), amén dalgúns tiros lonxanos de Chicho. Por si fora pouco que o xogador número 10 dos verdes fora un perigo constante nos lanzamentos a balón parado, resulta que tamén sabía marcar, e estando so no 46´ e a piques de sonar a bocina do descanso marcou o 0-1 de tiro cruzado.
Xarro de auga fría pra os ponteses que hoxe por momentos estiveron irrecoñecibles, moi nerviosos, e ante un rival ben replegado atrás, curiosamente por momentos os xogadores que máis tocaban o balón eran os defensas e Simón, a quen unha cesión de Chote no 28´ case lle costa un disgusto ante Dani.
No segundo tempo máis do mesmo, a piques estivo case de sentenciar Roberto, tras saque de córner, pero o seu remate de cabeza vai ó pau (62´).
Chicho mandou outro balón por alto, e Moncho tampouco sacou proveito doutro barullo na área visitante, asi que foi outra vez Justino, do mellorciño que pasou este ano polo Campo do Poboado quen volveu a marcar tras facer unha gran xogada e volvendo a anotar de tiro cruzado ante o que tampouco puido chegar Simón (73´).
Outro tiro por alto de Chicho (76´) e cando parecía perdido o As Pontes, a sete minutos do final, Bossa, co seu guante marcou unha falta pola escadra desde uns 25 metros e poñía o 1-2 no marcador e daba algo de esperanza a parroquia local. Xa no 88´ chegou o penalti, riguroso, sinalado polo colexiado Antonio Loira, que provocou a expulsión do adestrador visitante Charli e un xogador do banquiño. Non houbo lugar pra a protesta ou reclamación pois Chicho, no seu lanzamento ante un porteiro de non moita envergadura física, lanzouno polo centro e Jose Ángel despexouno. O cuarto penalti fallado de cinco lanzamentos pra os azuis.
No 95´, cando semellaba que o público, escaso pero moi fiel, se ía a marchar outra vez cabizbaixo do Campo do Poboado, Ángeriz recolle un rexeite dentro da área, controlao co peito e sen deixala caer coloca o balón onde non pode chegar o perteiro visitante situando o 2-2 definitivo no marcador, resultado que non satisfizo a ningún dos dous contendentes, anque vistas as circunstancias e o resto de resultados o As Pontes segue vivo unha semana máis.
cdaspontes_0001.jpg


Complicada visita terá o As Pontes a semana que vén a Abegondo pra xogar co Deportivo B, onde deberá tentar lograr sacar algo positivo antes de recibir ó Betanzos nunha auténtica final na que deberá contar co apoio do público.
Agora mesmo os descensos en Terceira son seis, anque o Celta B gañou, e está a un punto da salvación, e con maior ou menor probabilidade de descenso están Somozas 31, Vilalonga, Negreira e Dorneda 29, Racing de Ferrol 27, Bergantiños 25, As Pontes 22, Estradense 20, Areas 19, Betanzos 17, Lalín 14 e Sanxenxo 12.
CD As Pontes. Simón, Moncho, Rochela, Chote, Fernando (Jordi 77´), Angeriz, Coedo (Pablo 64´), Chicho, Bossa, David Amado (Hugo Soto 55´) e Sergio Arias.
RCD Vilalbés: Jose Ángel, López, Alex, Roberto, Jesús, Pablo Vivero, Félix (Erni 66´), Vicente, Dani (Nico 77´), Justino e Rafita (Chavea 86´).
Goles: 0-1, Justino (45´). 0-2, Justino (73´), 1-2, Bossa (83´), 2-2, Angeriz (95´).
Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Más de 250 espectadores, moitos vilalbeses, en tarde fría e soleada.
Árbitro: Antonio Loira (Pontevedra). Auxiliado nas bandas por Baltasar González e Soage Fernández. Amonestou a Moncho, e a Alex, Roberto, Jesús, Pablo Vivero, Vicente, Rafita y Nico. Expulsou con vermella directa ó adestrador Charli e a un xogador do banquiño visitante no 90´.
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
cdaspontes_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios