Sigue soñando o As Pontes unha semana máis. Durante sete días As Pontes mantén a esperanza de seguir un ano máis na máxima categoría do fútbol galego. O As Pontes gañou con sufrimento, pero queda nun segundo plano, pois impresionou a profesionalidade de Kata que apenas unha semana despois do desgraciado falecemento do seu pai, xogou e incluso marcou.
Hoxe era xornada de transistores e tódalas carambolas perxudicaron ós azuis como comentaremos a continuación.
Peor non podían comezar as cousas cando ós sete minutos se adiantaba o equipo da maravillosa localidade viguesa tras un saque de córner, que rebota en Iván e nun defensa local, bate no poste, e acaba nos pes de Iago que marca a pracer con Simón aínda no chan (7´).
Púxose nervioso o As Pontes e incluso Tubo estivo a un paso de situar o 0-2 cando quedou so ante Simón e o seu tiro cruzado foi fora por pouco (26´).
O primeiro disparo local con perigo foi un zapatazo de Esmorís dende fora da área (29´). A bancada estaba impaciente, e apareceu o capi Bossa co seu guante, nunha falta ó borde da área, que era pra un zurdo, pero enganchouna con rosca e colocouna na escuadra (36´). Apenas un par de minutos despois, nun centro-chut Esmorís marcaba o 2-1 e obtiña o premio o seu laborioso traballo nas últimas xornadas nas que tivo o peso da titularidade con apenas 22 anos.
Así se chegou ó descanso. No segundo tempo, casi puido marcar Cañizares tras controlar dentro da área e despexar o porteiro por pouco (52´), moi ben Chus Cañizares cos seus 20 anos recén cumpridos. Tras un xogadón de Chicho con internada por banda esquerda, cede o balón atrás, Cañizares non acerta na primeira pero chegando Iván González colocaa por riba onde o porteiro non podía chegar e situaba o tanto da tranquilidade (54´).
As mellores ocasións a partir de ahí foron dos azuis e así, nunha falta de Bossa sacase o balón de encima Roberto como pode (66´), Cañizares primeiro e logo Soto en posición franca e moi ben o gardamallas (67´). No 69´ Soto queda so, pica o balón por riba, ó porteiro escapaselle pero consigue atallala sobre a mesma liña.
Tivo que ser Bossa, outra vez co seu guante e desta vez no lado bo, quen marcara un tanto digno de Ronaldo, colocando o balón por riba da barreira e caendo baixo pegado ó pau, resultando imposible de parar para un Roberto que nin se moveu (84´).
Co 4-1 estaba o encontro sentenciado, e houbo tempo pra ver dous goles máis, un golazo de Tubo, dun tiro cruzado sen deixar caer o balón (92´) e o de Kata no último suspiro (94), tras aproveitar un pase dende banda dereita e colar o balón por entre as pernas de Roberto, que lle adicou ó seu pai.
Pero foi unha xornada de transistores e o As Pontes tivo lastres en todos os campos. Afortunadamente parece que o Coruxo se salvará, pero o Negreira, Areas e Betanzos gañaron. Por si fora pouco gañaba o Estradense ó lider Alondras en Cangas, pero o Alondras empatou no desconto, desta vez sen “penalti” de por medio. Foi o único positivo pois de gañar o Estradense a situación estaría moi complicada. Pero a xornada aínda había de ter máis sustos, como que o Vilalonga empatoulle no desconto ó Bergantiños co cal os de Carballo aínda non están salvados e o próximo domingo as 6 da tarde vivirase un Bergantiños-As Pontes que será unha final. Seis equipos pelexarán na última xornada polas, en principio, senon ascende algún equipo galego ou hai un “descenso económico”, dúas únicas prazas de salvación, Negreira 43, Bergantiños 42, As Pontes 41, Areas 40, Estradense 40, Betanzos 39. Lalín con 36 e Sanxenxo 29, desgraciadamente pra eles, xa están descendidos. O As Pontes ten o premio, iso si, de que, anque será dificilísimo, gañando está salvado. Unha semana máis segue con vida e hai que soñar.
Respondeu a afección, anque se esperaba máis, e agardase que haxa moitos ponteses o próximo domingo en Carballo. É posible que o clube poña algún/s autobús/es.
5 CD As Pontes. Simón, Rochela (Kata 75´), Javi López, Dani, Chote, Esmorís, Iván González, Chicho (Fernando 66´), Soto (Amado 84´), Bossa, Cañizares.
2 Rápido de Bouzas. Roberto, Marcos, Cotilla, Portas, Iago, Xose Ramón, Pablo (Sancho 68´), Chema (Óscar 59´), Iván (Alex 59´), Diz, Tubo.
Goles: 0-1, Iago (7´), 1-1, Bossa (34´), 2-1, Esmorís (36´). 3-1, Iván González (54´), 4-1, Bossa (84´), 4-2, Tubo (92´), 5-2, Kata (94´).
Árbitro: Pablo Botana Rey (Santiago). Auxiliado nas bandas por Fernández Lodeiro e Rodríguez Varela. Amonestou a Rochela e Chote.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Máis de 300 espectadores. Partido correspondente á 37ª xornada. Gardouse un minuto de silencio polo falecemento do pai de Kata, e tamén polo falecemento de Manolo Cayetano, antigo xogador do Calvo Sotelo, ex directivo do As Pontes, e un dos mellores futbolistas ponteses.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.