TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – C.D. BURELA B (6-1)

O Esteo segue firme no grupo galego da Terceira División ó sumar este sábado a cuarta vitoria consecutiva ó vencer na cuarta xornada ó Burela B por un contundente 6-1. O Esteo empezaba con forza creando perigo na porta visitante. Ós catro minutos Pelu inaugura o marcador e sete minutos despois volve a marcar, aínda que en última instancia é Bolly o que toca o balón de rebote. A falta de 48 segundos os árbitros pitan un existente penalti a Fabio, que se tira claramente na área, que transforma o mesmo xogador. Xa nos segundos finais Rubi logra, tamén de penalti, o 3-1 co que se chegou ó descanso. Na segunda parte o Esteo saíu decidido a sentenciar o encontro, dominando con claridade todo este período. Primeiro Gerardo, logo un tanto en propia meta e finalmente de novo Gerardo amplían a vantaxe local a 6-1, resultado que ó final sería o definitivo. O conxunto pontés é primeiro con doce puntos, dous máis có Leis Pontevedra, que ocupa a segunda posición. Na vindeira xornada o Esteo visita a pista do Cidade de Viveiro.
Pola súa banda, o Esteo Xuvenil, que se estreaba en competición competición oficial, caeu derrotado na pista do Bueu por 6-1, aínda que o resultado final non reflicte o sucedido na cancha, xa que os ponteses mereceron un mellor resultado neste primeiro partido da liga nacional.
esteo_001.jpg


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Pelu, Pellón, Gerardo, Rubi –cinco inicial- Fran, Bolly, Diego Pellón e Gerveno.
BURELA B: Samuel, Diego, Antón, Bruno, Andrés –cinco inicial- Gabriel, Fabio, Carlos e Erik.
ÁRBITROS: Roberto Amor Vizoso (Ferrol) e José Carreira Romero (A Coruña). Amoestaron a Pelu, do Esteo, e Diego, Andrés, Fabio e Carlos, do Burela.
GOLES: Min. 4 (1-0), Pelu. Min. 11 (2-0), Pelu. Min. 19 (2-1), Fabio (penalti). Min. 20 (3-1), Rubi (penalti). Min. 21 (4-1), Gerardo. Min. 23 (5-1), Antón (propia porta). Min. 34 (6-1), Gerardo.
INCIDENCIAS: Partido da cuarta xornada de liga da Terceira División disputado no pavillón municipal da Fraga ante preto de douscentos espectadores nas gradas.
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios