TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – VENTORRILLO F.S. (3-1)

Importante vitoria do Esteo diante do complicado Ventorrillo nun partido que estivo moi igualado e que se decidiu por pequenos detalles. Comezaba o encontro con ocasións para os dous equipos e cun Esteo que marcaba o ritmo do xogo. Pese ás oportunidades para os dous equipos o marcador non se movería nos primeiros vinte minutos, chegándose ó descanso co resultado inicial de empate a cero goles. Comezou a segunda parte con dominio visitante, tendo unha boa ocasión para marcar, pero o penalti lanzado por Edu foise ó pau da portería de Choto. Pouco despois, Bolly, de falta, lograba o primeiro tanto do partido. No seu afán de querer lograr o empate, o Ventorrillo saca porteiro-xogador a falta de tres minutos para o final, pero o Esteo defendíase ben e nun contragolpe Pellón marca o segundo gol dos ponteses. Nun dobre penalti executado por Borja os coruñeses acurtan diferenzas, pero nada máis sacar de centro nunha gran xogada de Gerardo os locais establecían o definitivo 3-1. Con esta vitoria o Esteo mantén a vantaxe de nove puntos sobre o Pazos de Borbén, conxunto ó que visitarán na vindeira xornada, nun interesante choque que de gañar os das Pontes sentenciarían practicamente a liga, pois abóndalles cunha vitoria nas cinco xornadas seguintes.
esteo


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Pellón, Gerardo, Fran, Rubi –cinco inicial- Héctor, Bolly, Gerveno e Pelu.
VENTORRILLO F.S.: Alexandre, Edu, Alvendiz, Pablo, Alan –cinco inicial- Borja, Raúl, Alberto, Adrián, Sergio e Xoel.
ÁRBITROS: Suarez Blanco e Saa Mateo (Lugo). Amoestaron a Pellón, Rubi, Héctor e Pablo
GOLES: Min. 32 (1-0), Bolly. Min. 38 (2-1), Pellón. Min. 39 (2-1), Borja (dobre penalti). Min. 39,04” (3-1), Gerardo.
INCIDENCIAS: Partido da 24ª xornada de Terceira División de fútbol sala disputado no pavillón pontés da Fraga, ante uns 200 afeccionados nas gradas.
PRÓXIMOS PARTIDOS
15/16/17 – Marzo – 2013
TERCEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA (25ª)
PAZOS DE BORBÉN F.S. – O ESTEO F.S.
Sábado 16 (19,00) – Pavillón de Pazos de Borbén (Pontevedra)
LIGA NACIONAL XUVENIL
NOIA F.S. – O ESTEO F.S.
Domingo 17 (12,30) – Pavillón Municipal de Noia
LIGA CADETE
COSPEITO F.S. – O ESTEO F.S.
Venres 15 (18,30) – Polideportivo de Cospeito (Lugo)
LIGA BENXAMÍN
COSPEITO F.S. – O ESTEO F.S.
Venres 15 (19,30) – Polideportivo de Cospeito (Lugo)
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios