TERCEIRA REXIONAL. CD AS PONTES 1 NARAHÍO 1

Dous puntos escaparon do Campo Anexo do Poboado tralo empate hoxe entre o segundo equipo pontés e o agora décimo clasificado Narahío, na disputa do partido aprazado no seu día por inundación do campo. Agora o cadro azul é terceiro a un punto de Caranza e Miño, con 30, e 6 por diante do San Mateo (ascenden os tres primeiros).
O conxunto local tiña unha aliñación moi “rara” e propia das festas do Nadal, faltaban moitos xogadores importantes e xogaron dous do cadro xuveníl, un Alex Cabarcos con 16 anos recén cumpridos e Toti que chegará ós 18 este martes. Tamén xogou de medio centro o xogador do primeiro equipo Adrián Boo, que se está recuperando dunha lesión.
aspontes_narahio_01.jpg


Na primeira metade adiantaronse os visitantes, pero o traballador do medio campo Junior empatou no 32´.
Xa na segunda parte o encontro foi un correrrúas, o As Pontes tivo moitas ocasión claras, pero entre o porteiro, que ían fora ou que eran rexeitados polos defensas ou rebotados polos propios xogadores locais o balón non entraba, así dúas de Púas, dúas de Amadi, e unha de Toti e Fernando de cabeza. Pero o cadro visitante tamén creou o seu perigo con dous tiros ós postes e un tiro de falta que se foi lamendo o pau ahí ó final.
En definitiva, unha magoa que escaparan dous puntos en casa, pero conseguiuse un, e o equipo deu todo o que puido nunhas malas fechas e con moitas baixas insustituibles. A destacar a liña defensiva de tres, Alex, Carlos e Fran, e un Fernando moi incisivo. O colexiado expulsou a un xogador visitante no 75´ e a Fran tamén por protestar nas postrimerías do encontro.
Os locais comezarán a segunda volta visitando a un perigoso Xuventude Cabanas que vai en sexta posición con 21 puntos.
Xogaron por parte de Calpita, Juan, Hugo, Alex Antón (Amadi 76), Carlos, Fran, Alex Cabarcos, Boo, Danilo (Toti 63´), Fernando, Junior e Púas.
aspontes_narahio_01.jpg
aspontes_narahio_01.jpg
aspontes_narahio_01.jpg
aspontes_narahio_01.jpg
aspontes_narahio_01.jpg
aspontes_narahio_01.jpg
aspontes_narahio_01.jpg
aspontes_narahio_01.jpg
aspontes_narahio_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios