Terras do Eume FG – Mecos FG

O pasado sábado 19 de Novembro no concello de As Somozas, o Terras do Eume Fútbol Gaélico desputou o seu primeiro partido oficial como local, neste caso recibiron aos Mecos do Grove.

O pasado sábado 19 de Novembro no concello de As Somozas, o Terras do Eume Fútbol Gaélico desputou o seu primeiro partido oficial como local, neste caso recibiron aos Mecos do Grove.

O partido celebrado baixo un clima moi adverso tivo unha importante alfuencia de público e non defraudou aos asistentes xa que estivo che de emoción e dinamismo. Os locais entraron algo fríos no partido e os Mecos adiantaronse no marcador tras varios tiros a paus que lles permitiron coller unha vantaxa que lles deixou xogar con comodidade. Cara o final da primeira parte os do eume anotaron un gol (3 tantos) que lles permitiu irse ao descando cunha boa sensación. Ao comezar a segunda parte as tornas cambiaron e con dous goles en cinco minutos os locais deixaron o marcador nun 03 00 (09) a 01 11 (14). Nese momento no que o partido se igualaba os visitantes fixeronse co control da pelota e volveron a impor o seu ritmo de xogo para acabarse impoñendo con comodidade ao final do encontró por un claro 13 a 30.

Pese a derrota o Terras do Eume segue coa progresión en liña ascendete neste ano do seu debut na liga galega de Fútbol Galego.

Nova cortesía de Terras do Eume

También podría gustarte
Comentarios