Amigus
As Pontes

TORNEO 3 X 3 FESTAS DO POBOADO 2026

Tivo lugar este sábado nas pistas do antigo Colexio Endesa.

Este sábado disputouse ao longo de todo o día o Torneo de 3 por 3 das Festas do Poboado tanto na categoría masculina coma feminina.

Nas mulleres resultou vencedor Eume Dunkers, seguido de Sada Pick and Roll, e Las Mejas de Suelen. Na final o resultado foi de 10 a 3.

Moito máis axustada foi a competición de homes na que “No valky no party” venceu na final por 9-8, a Extudiantes, na prórroga, quedando terceiro Birrareal.

Mellores xogadores, MVP, foron elexidos, Andrés Varela, e Lucía, dos equipos gañadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.