Tren Turístico do Nadal

A Asociación de Empresarios e Comerciantes quere informarlle que dende a Concellería de Participación Cidadá se vai poñer en marcha un programa de dinamización para este Nadal que incluirá un Tren Turístico que percorrerá as rúas de As Pontes e os barrios, así como as parroquias, e no que poderán subir tódolos veciños, pequenos e adultos que así o desexen.
trenchuchu.jpg


Por este motivo, se lle dará posibilidade aos empresarios, comerciantes e hostaleiros da vila de poñer publicidade do seu negocio no citado tren.
• Características:
O tren ten 12 metros de lonxitude e consta de dous vagóns con 20 espazos exteriores para a colocación de publicidade, polo que se terá en conta a orde de inscrición.
Días de percorrido:
Decembro…… 18, 19, 20, 24, 26 e 27.
Xaneiro………. 2 e 3.
• Espazos dispoñibles e custos:
O número de espazos publicitarios co que conta o tren son:
8 espazos de 60 x 40 cm.
Ocupar o espazo completo……….. 145 €
Ocupar medio espazo………………. 87 €
12 espazos de 60 x 60 cm.
Ocupar o espazo completo……….. 174 €
Ocupar medio espazo………………. 116 €
Asemade, a Concellería de Participación Cidadá quere facelos partícipes tamén, de que os veciños de As Pontes, a través das diversas asociacións veciñais, e de maneira totalmente altruísta, van a participar vestidos de Papa Noel para facer os percorridos do tren así comodinamizar as rúas, o que sen dúbida contribuirá a crear un ambiente navideño que beneficiará tanto aos locais empresariais, de hostalería e os comerciais.
Por tanto, se quere recibir máis información ou facer a súa contratación pode poñerse en contacto antes do 15 de decembro a través de:
Asociación de Empresarios e Comerciantes
Tfno: 981 451153
e-mail: asoc.empresarios@mercanaspontes.com
Concello de As Pontes
Tfno: 677455799
Agardando que esta iniciativa sexa do seu agrado, reciba un cordial saúdo.
NOTA:
No momento de inscrición entenderase contratado o espazo publicitario polo que se realizará de seguida o pago correspondente.

También podría gustarte
Comentarios