Un club lonxevo con moita vida

Nos anos 80 un grupo de ponteses amantes do kárate decidiu fundar un dos clubs máis lonxevos da localidade, pero que permanece actualmente con moita vida e futuro.

Nos anos 80 un grupo de ponteses amantes do kárate decidiu fundar un dos clubs máis lonxevos da localidade, pero que permanece actualmente con moita vida e futuro.

Os comezos do equipo Rembukan de kárate pódense cualificar de especialmente prósperos. Foron moitos os que se decidiron desde o principio por descubrir unha das artes marciais máis vistosas do mundo e cun gran número de seguidores.

Nenos e adultos adestraban nun pequeno baixo da Rúa Pontedeume, ata que anos máis tarde trasladaron as clases a un dos locais da piscina municipal das Pontes, onde hoxe tamén adestran.

«Actualmente contamos con medio centenar de alumnos federados. O 70% son nenos de entre tres e doce anos, aínda que tamén hai rapaces que xa van ao instituto e algúns adultos», explica Carmen Barro Pita, unha das adestradoras e expresidenta e que desde hai algúns anos preside ademais a Federación Galega de Kárate.

Ela é unha das cabezas visibles dun proxecto próspero, que conseguiu situar no máis alto dos campionatos autonómicos a figuras como Marco Prieto Sanmartín, que actualmente exerce de profesor da escola, ou a Adela Varela, que conseguiu levar o nome de Rembukan ata un Campionato Nacional infantil.

«Estes son só dous exemplos. Pero a nivel galego o noso club levouse moitas medallas e situouse nos postos máis altos en moitas ocasións», incide Carmen, mentres explica que actualmente non se centran tanto na competición, senón en aplicar un método de traballo que o que busca é o benestar dos mozos, convertendo o kárate nun modo de vida e unha filosofía.

Aínda que a súa estratexia non se centra en levantar aos seus deportistas nos podios, o certo é que na actualidade Rembukan conta entre as súas filas cun auténtico campión. Eros Silvén Fernández conseguiu no último ano un meritorio bronce na modalidade de kata individual, na categoría júnior masculina, no Campionato Galego celebrado en Ferrol.

ORGANIZACIÓN. Ademais de adestrar duro e levar aos seus deportistas a diferentes campionatos, o Rembukan está moi implicado na organización de diferentes eventos ao longo do ano nas Pontes. Desde fai 16 anos promoven o Trofeo Vila das Ponteas, que nesta última edición reuniu a decenas de karatecas.
Ademais, tivo a categoría de campionato provincial, polo que o pavillón municipal encheuse de espectadores que gozaron dunha xornada inesquecible.

Fonte El Progreso

También podría gustarte
Comentarios