Un bronce que se vai por un milímetro

Na xornada de domingo desputouse o Campionato de España de Equipos Autonómicos, onde estaban clasificados os equipos galegos das dúas modalidades, arco recurvo e arco composto.
O equipo de arco recurvo tiña unha primeira eliminatoria complicada contra un equipo forte como é o de Extremadura, segundos clasificados nesta modalidade. Os galegos, entre os que estaba o pontés Miguel Alvariño, non foron quen de vencer quedando apeados da loita polas medallas na séptima posición final empatados co equipo da Comunidade de Madrid.
En arco composto, do Clube Sílex formaba parte do equipo Xaquin Mira; equipo que estaba nunha non mala 5ª posición tras a clasificatoria. O pase a semifináis o pelexarían contra o equipo murciano. Conseguiron gañar os do noroeste por dous puntos e colarse na semifinal contra o primeiro da clasificación, o equipo de Andalucía. Fixérono ben os nosos quedando so dous puntos por debaixo deles, 233 (Andalucía), 231 (Galicia). Quedaba así a final polo bronce, neste caso contra Cataluña. Á metade da eliminatoria vencían os galegos cun axustado 115-113. Pero ao final da última tanda o resultado era de empate. Frecha de desempate para decedir quen se colgaba a medalla de bronce.
Un minuto, unha frecha por arqueiro, e con empate a puntos mediuse a máis próxima ao centro da diana. Por so un milímetro, medido polos xuíces, Cataluña levouse o bronce. Un resultado que deixou a Galicia co mel nos beizos de acadar a medalla. Cuarto posto final neste campionato que deixa ver o bo nivel que hay en Galicia en arco composto.


Nova cortesía Clube Sílex

También podría gustarte
Comentarios