Un camión derrama 15.000 litros de aceite usado nun vial das Pontes

Lendo diariodeferrol.com:
“Un camión cisterna cargado con 32.000 litros de aceite usado sufriu un accidente a primeira hora da tarde de onte no kilómetro 18,500 da estrada AC-861 (Vilalba-As Pontes), á altura da curva da Forxa, no concello pontés. O vehículo, […] quedou volcado na estrada e derramou ó redor de 15.000 litros da carga que transportaba dende a poboación valenciana de Chiva con destino á planta de Enviroil nas Somozas.”…


…”O accidente prodúxose en torno ás 14:45 horas e o conductor do camión saliu ileso do percance. […]
De inmediato transladáronse ó lugar dos feitos membros do GRUMIR das Pontes, axentes da Garda Civil e da Policía Local, ademáis de persoal de mantemento de estradas, para tratar de aminora-los efectos do verquido. Tamén se requiriu a intervención de palas e camións da empresa Cuiña que abriron zanxas a ambos lados da estrada, coa idea de que actuasen a modo de balsas para rete-lo producto.”…
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios