Un canciño de Sony que fala galego será o mestre de cerimonias da carpa do Obradoiro

Lendo codigocero.com:
“Un canciño xaponés que fala galego non é algo que se vexa tódolos días. En realidade, é algo que non se ve endexamais, agás este martes 16 de maio na praza do Obradoiro Santiago, concretamente na carpa instalada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual. O canciño en cuestión, que se chama Axóuxere, será _por dicilo así_ o anfitrión e mestre de cerimonias da devandita estrutura, onde se promocionarán moitas cousas distintas pero dalgunha maneira complementarias: a creación audiovisual, Internet, a comunicación, o concurso Curtas na Rede e (por tratarse da véspera do Día das Letras Galegas) a cultura galega.”…


Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios