Amigus
As Pontes

Un gasto excesivo nas Pontes, por Xosé Coello

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Nesta época de crise, onde calquera euro hai que investilo co máximo coidado, por parte de algunhas administracións seguen a tirar os cartos. O Concello das Pontes non quere quedar atrás, e o circuíto de karting é un exemplo. Para unha primeira fase, aprobouse un gasto de 638.000 euros, e para que funcione con normalidade fará falta outro tanto como mínimo. Alguén pensa que vai ser rendible?, a verdade é que recorda o malgasto do circuíto de Fórmula 1 de Valencia, loxicamente en diferente escala. É o que xa é o colmo do despropósito, é que no Concello veciño de As Somozas, parece ser que tamén se vai facer outro circuíto de karting. Despois os dirixentes dos partidos ós que pertencen os Alcaldes destes concellos nos obrigan a facer recortes en todo, e o paro sube. Onde están o Consello de Contas e outros Organismos para vixiar estes dispendios e estas duplicidades?

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios