UNED terá cursos de Coñecemento Libre este verán

Lendo agnix.org:
“A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), con máis de 180.000 alumnos matriculados cada ano, incorporou aos seus cursos de Verán o debate sobre a necesidade social do Coñecemento Libre e a importancia do seu desenvolvemento. O curso en cuestión titúlase: ‘Coñecemento e software libre: aspectos tecnolóxicos e sociais‘.”…


…”A súa inauguración será o próximo 7 de Xullo e estará presidida polo presidente da Xunta de Estremadura, Guillermo Fernández Vara, o reitor da UNED, Juan Antonio Gimeno, o director de Innovación do Centro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico (Cindetec), Rafael Pastor, e o fundador e portavoz de Iniciativa Focus, Ramón Ramón.
Máis información detallada sobre o curso en:

http://apliweb.uned.es/cverano/cursos.asp?idcurso=075

http://www.scc.uned.es/cv_softlibre/
Lugar de celebración: Escola Técnica Superior de Enxeñaría Informática de Mérida
Duración do evento: Do 7 ao 11 de Xullo”…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios