Amigus
As Pontes

Usuarios mozos

Lendo Galicia-Hoxe, atopei esta nova:
“O perfil do usuario galego de Internet é o dun home entre os 10 e os 30 anos de idade que accedeu á rede hai un ou tres anos. O primeiro acceso dos usuarios que conectan diariamente tivo lugar no caso dun 45,98 por cento desde o seu fogar”…


…”O perfil do usuario galego de Internet é o dun home entre os 10 e os 30 anos de idade que accedeu á rede hai un ou tres anos, segundo revelou a semana pasada un estudio realizado pola Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual.
O 52,3 por cento dos usuarios IUaxústanse a este perfil mentres que dentro deste sector de idade, as mulleres supoñen un 49,9 por cento.
Dos internautas de 31 a 65 anos de idade, un 23,28 por cento son de sexo masculino e un 17,61 por cento, do sexo feminino. Entre os maiores de 65, o 5,52 por cento son homes e o 1,65 por cento, mulleres.
De todos eles, a maioría accederon por primeira vez nun período situado hai un e tres anos. Un 20,1 por cento utilizan Internet desde hai máis de cinco anos. O primeiro acceso dos usuarios que conectan diariamente tivo lugar no caso dun 45,98 por cento desde o seu fogar, un 26,13 por cento accedeu por primeira vez desde o seu traballo e un un por cento desde un cibercafé.
Entre aqueles que se moven pola rede semanalmente, un 17,59 por cento entrou por primeira vez desde a súa casa, un 5,53 por cento desde o traballo, un 4,52 por cento desde a casa dun amigo e un 9,55 por cento coñeceu Internet nun cibercafé. Por outra parte, o 38,19% dos usuarios conéctase unicamente en días laborables e un 24,37 por cento en fins de semana. Sen embargo, se se ten en conta que un 37,44 por cento acceden indistintamente, o estudio conclúe que case un 62 por cento dos usuarios accede en fin de semana.”
Fonte: galicia-hoxe.com

También podría gustarte
Comentarios