Vantaxas de empregar Güin2 na oficina

Lendo glug.es:
“Como non ven mal un pouco de humor de vez en cando paso a traducir un artigo que atopei na rede sobre as vantaxas de empregar o sistema operante de Hasefroch na oficina, espero vos goste:
* A ausencia de estrés e de cabreos enfurecedores diante da súa computadora estanlle convertindo nunha blanda, plácida e sebosa bola de grasa, mentras que os seus compañeiros manteñense tensos e en alerta todo o día, estourando nun torbellino irascible á menor ocasión. Vostede envexa a súa combativilidade.
* Ó non ter que recordar números de serie, claves, keywords, códigos de rexistro e períodos de avaliación, a súa memoria estase deteriorando preocupantemente. Os seus compañeiros, no canto, recordan centos de útiles e vitales códigos de rexistro, os cales intercambian placenteiramente, sen que vostede poida participar do seu gozo.”…
tux+in+black2_.jpg


…” * A falta de impactantes pantallazos azuis está atrofiando o pigmento azul da súa retina, polo que o seu oculista estalle recomendo que mire fixamente durante varias horas ó dia ó logotipo de IBM. Os seus compañeiros, no canto, hiperdesenrrolaron o seu pigmento azul e poden, de feito, ver na oscuridade.
* No caso de unha invasión de seres extraterrestres ultraviolentos (como acontece a miúdo), non poderán, tal como acontece en “Independence Day”, instalar Outlook na nave nodriza dos invasores e deste modo destruir a súa civilización.
* Ó ser vostede usuario de GNU/LInux non ten ningúnha escusa para reiniciar a súa computadora docenas de veces ó día, e observa con envexa como os seus compañeiros conversan amigablemente nos pasillos durante os seus placenteiros reinicios, mentras vostede vese obrigado -inxustamente- a ser productivo todo o tempo.
* O diñeiro que os demáis emplean tan proveitosamente na licenzas, soportes, períodos de renovación e dereitos de utilización, vostede malgastao en ir ó cine, cenas, e en alcohol, o cal está deteriorando a súa saude enormemente.
* Ó non ser vostede usuario de Windows, nengún amigo lle chama para que emplee toda unha tarde do fin de semá en reinstalar a súa computadora, de modo que se aburre mortalmente mentras os seus compañeiros disfrutan agradablemente das súas relazóns sociais.
* Vese obrigado a ler tódolos correos que lle envía o seu xefe, sen ter acceso ó dereito universal de uso de a utilisima frase “O Outlook non me deixa abrilo”, que os seus compañeiros tanto desfrutan.”…
Fonte: glug.es

También podría gustarte
Comentarios