Wikipedia non se someterá á censura china

Lendo mancomun.org:
“O fundador da enciclopedia libre de Internet (Wikipedia), Jimmy Wales, bloqueada en China dende outubro, anunciou que non se someterá á censura como o fixeron outras Webs extranxeiras, en alusión a páxinas como Yahoo e Google.
A súa desaparición en China obriga aos usuarios a consultar “clons” chinos, como a enciclopedia ofrecida polo portal Baidu, que só inclúen as versións oficiais dos asuntos controvertidos.”…


…”Wales declarou non estar disposto a sacrificar a súa independencia ou a impedir que os cibernautas poidan modificar os artículos ofrecidos na súa Web, técnica pola que se distingue esta enciclopedia virtual. “Para nós non resulta admisible facer todo o que sería necesario para que o goberno chino autorice cada unha das edicións que se publican” engadiu.
A versión en chino da Wikipedia é unha das máis grandes do mundo por detrás da versión orixinal en inglés, e conta con máis de 85.000 artículos, 2,7 millóns de páxinas web e 15.000 imaxes. Máis da metade das edicións dos seus artículos foron realizadas por apenas 80 voluntarios, segundo Wales.”…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios