Xa está dispoñible o OpenOffice.org 2.0.3 en galego para GNU/Linux

Lendo mancomun.org:
“Mancomun.org – Iniciativa galega polo Software Libre presenta a versión 2.0.3 do paquete ofimático OpenOffice.org para GNU/Linux. Este software inclúe, entre outras cousas, un potente procesador de textos, folla de cálculo, base de datos, un programa para facer presentacións, debuxos, etc. Ademais, implementa o estándar ofimático OpenDocument aprobado recentemente pola ISO.
A tradución ao galego, que xa inclúe o dicionario, foi feita utilizando o corpus lingüístico xerado por Imaxin durante a localización da versión 2.0, presentada o pasado 17 de maio coincidindo co día das letras galegas e co día de Internet.”…

ooogl.png


…”Tamén está dispoñible un pack de idioma galego que se pode aplicar á versión 2.0.3 en inglés. Ademais, en caso de ter a versión 2.0 instalada non fai falla borrala, xa que a nova instalación substitúe a anterior. En breve estará dispoñible a versión para MS-Windows.
A versión 2.0.3 inclúe:
– Interface e axuda en galego.
– Corrector ortográfico versión alfa en galego.
– Melloras de rendemento.
– Corrección de erros.
– Melloras na compatibilidade co Microsoft Office.
É moi recomendable instalar a nova versión 2.0.3 que se pode descargar dende a sección “OpenOffice.org en galego” do noso portal.”…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios