Xoves desempregados chineses recurren á mendicidade por Internet

Lendo libertaddigital.com:
“Ducias de xoves chineses sen emprego utilizan Internet para conta-la sua difícil situación e pedir pequenas cantidades de cartos a descoñecidos, un fenómeno social que xa é coñecido como ‘web-mendigos’ no país asiático. Estas persoas comezaron a organizarse como comunidade virtual e comparten as súas experiencias a traveso de chats e sitios web.”…


…”Este tipo de mendicidade está especialmente extendido na cidade de Chengdu, no suroeste do país, onde se atoparon polo menos unha decena de internautas adicados a esta actividade e moitos cidadáns recibiron as súas mensaxes.
Un destos xoves, un estudiante de 21 anos chamado Li Dan, falou este martes para os medios de comunicación chineses e explicou que os ‘web-mendigos’ están comezando a organizarse, compartindo as súas experiencias en chats e incluso creando páxinas de Internet adicadas a esta forma de vida. Li, que manda uns mil e-mails ó día a cidadáns de Chengdu e gaña uns 20 dólares mensuais en limosnas, explica que nas súas mensaxes conta que é horfo de pai e a súa nai está gravemente enferma, e a continuación da un número de conta bancaria para que o destinatario lle axude se o desexa.
‘Ó principio empecei a pedir limosna só para distraerme, pero cando recibín a primeira axuda (de preto de un euro) decidín adicarme plenamente a elo’, sinalou Li, que chegou a recibir ata 50 yuanes (cinco euros) dun dos destinatarios dos seus correos electrónicos. Li advirte contra persoas que mandan este tipo de mensaxes e non son realmente pobres, e di que ‘os verdadeiros web-mendigos damos o noso nome e enderezo de correo electrónico nas mensaxes que enviamos’. ”
Fonte: libertaddigital.com

También podría gustarte
Comentarios