Xuntanza aberta: REFORMA DA PRAZA DO HOSPITAL

O pasado sábado, día 7 de xuño de 2014, levouse a cabo unha xuntanza aberta e organizada por veciños da nosa vila (a anunciada no cartel). En base a esa asemblea veciñal, entregouse hoxe por rexistro no Concello o seguinte escrito resume:

As Pontes, 7 de xuño de 2014
Dirixido á corporación municipal d’As Pontes,
Un veciño desta vila solicitou a nivel persoal una sala na Casa Dopeso para unha reunión. Dita solicitude ten que facerse por medio dunha Entidade ou Asociación, polo que tivo que recurrir á axuda dunha organización política para dita petición, sen que esta teña nada que ver na reunión.
Hoxe ás 20:00 h na Casa Dopeso, levouse a cabo dita reunión, unha asemblea veciñal, unha xuntanza aberta e organizada por e para os veciños da nosa vila, referente á reforma da Praza do Hospital. A este acto asistimos 58 persoas, e logo dun intenso e amistoso debate, chegamos ás seguintes 2 conclusións xerais:
1ª. EN CANTO Á SENSIBILIDADE POPULAR
A reforma deste enclave tan importante e representativo evidencia distintas sensibilidades e opinións, pero non hai un consenso claro. Entendemos, e non só polo acto de hoxe, que isto sucede na maioría da veciñanza, polo que pensamos que a obra non debe comezar sen un amplo debate previo e sen a oportunidade de opinión de moitos máis veciños.
Con tal fin consideramos positivas, entre outras posibles, estas ideas:
a) Decidir o antes posible en Pleno Municipal a organización desde o Concello de reunións abertas e participativas cos veciños.
b) Asesoramento técnico e urbanístico en ditas reunións, en canto a diversas posibilidades tanto no trazado como de circulación e combinación do tráfico con outras rúas do contorno.
c) Posibilidade de inclusión desta obra no Plan Xeral de Ordenación Municipal.
d) Atendendo á tendencia urbanística actual e futura nas poboacións e paises desenrolados, consideramos moi importante a humanización e peatonalización das rúas e espazos públicos como este.
2ª. EN CANTO A UNHA ECONOMÍA RESPONSABLE
Consideramos a proposta do Concello moi similar á praza actual.
Tendo coñecemento de próximas reformas noutras rúas, e se logo dos debates necesarios, esta proposta do Concello é a opción máis apoiada polo pobo, entendemos que o presuposto destinado a esta acometida debe ser mínimo, reducíndose a acondicionar no deseño existente da praza, o acceso e o tránsito para a xente con mobilidade reducida.
Así, parte do presuposto pódese destinar a outros servizos municipais máis importantes e necesarios, encaixandoos dentro das condicións da Deputación.
Entendendo que este foi o sentir xeral da asemblea e tendo en conta as distinas sensibilidades e opinións, agardamos contestación o antes posible. Asinamos este escrito 2 veciños, un saúdo.
Xosé Manuel Ribeira García e Hugo López Arias

También podría gustarte
Comentarios