Xuntanza de traballo en amigus

O vindeiro sábado 15 de decembro ás 16.00 horas no Lar de ENDESA teremos unha xuntanza de traballo á que estades todas e todos invitados se queredes participar nalgún dos proxectos que trataremos… ou se só vos queredes informar do que estamos tramando ;).
* Organización da amigus-party nadal-2007
* Proxectos Soft-Libre
* Proxectos web
* Proxectos de comunicación


Organización da amigus-party nadal-2007
Trataremos todos os temas relativos á party:
– Lugar e datas de celebración
– Montaxe de mesas e sillas
– Montaxe da rede
– Configuración da rede e do acceso a Internet
– Organización dos campionatos de xogos: datas, normas e premios
– Propostas e organización de charlas/obradoiros
Proxectos Soft-Libre
Organización dunha xornada de software libre para PEMEs
Propostas de creación de proxectos de software libre. Aquí entrarán parte dos proxectos web.
Colaboración na organización de actividades con outros grupos de usuarios Linux
Proxectos Web
Estudo da viabilidade da reconstrucción dende “0” da páxina de amigus, engadindo novas funcionalidades e novas micro-webs. Temos varias ideas macanudas pero precisamos organizar ós programadores e deseñadores que temos aquí e os que poidan engadirse.
Proxectos de comunicación
Revisión do estado da rede Wi-Fi amigus e estudo da súa expansión e mellora.
Proxecto de conexión cunha futura rede Wi-Fi en Vilalba en colaboración co IES Lois Peña Novo de Vilalba.
Se estás interesada/o nalgunha destas áreas ou crees que nos podes axudar, non deixes de pasarte. Se non puideses, envíanos un correo a info arroba amigus.org

También podría gustarte
Comentarios