Zona Zero

zonazero.gifO Proxecto ZONA ZERO se está a levar a cabo en As Pontes dende o mes de outubro.É un proxecto de prevención de drogodependencias para adolescentes e estase a desenvolver os sábados pola tarde, de 5 a 9, no LAR.
O proxecto está a cargo da Asociación Abeiro e da Empresa Atalaia Social.
ESTA SEMANA EN ZONA ZERO…
Continuamos no “Marzo Verde”:
– Seguimos coa reciclaxe. Este sábado prolongamos o taller de decoración con novos obxectos (carteiras, marcos de fotos, caixas decorativas…).
– Celebraremos o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, a través de numerosas actividades.
– Recordade que continúa a Liga de Ping-Pong (a partir das 19:30), na que agardan numerosos premios para as persoas gañadoras.

También podría gustarte
Comentarios