10.-ALGUNHAS APLICACIÓNS DAS PLANTAS (V)

7-ENFERMIDADES DA CIRCULACIÓN:
Causas principais: As enfermidades que afectan ao aparato circulatorio constitúen a primeira causa de mortalidade no mundo occidental. O incremento das devanditas enfermidades debese a moitas razóns, fundamentalmente a feitos coma:


O sedentarismo: A falla de actividade física, motivada en parte ó cambio de actividades tradicionais que requirían un esforzo físico, por outro tipo de actividades mais sedentarias e intelectuais, leváronnos á proliferación de enfermidades cardiovasculares. Unha boa solución para mellorar a nosa saúde en xeral es adoptar un programa racional de exercicio físico diario.
A obesidade e malos costumes alimentarios: De igual xeito, a substitución de dietas tradicionais elaboradas na casa mediante productos naturais, por unha dieta de productos preparados industrialmente, mais rica en graxas saturadas que favorecen la aparición do colesterol e producen un espesamento do sangue, leváronnos a un resultado de incremento da obesidade e deste tipo de enfermidades. Volver a unha dieta mais sa na que predominen os compoñentes vexetais sobre dos animais, unha alimentación rica en froitas e verduras, en cereais, a ser posible integrais, en legumes e aceites ricos en graxas insaturadas constitúe unha boa maneira de previr estas enfermidades.
O estres: A sociedade actual, polo seu carácter competitivo, crea nos seus cidadáns un estado de tensión emocional ou estres que repercute na saúde. No que aquí se refire, este estado emocional implica un aumento da presión arterial, causa de enfermidades vasculares. Unha nova actitude vital menos competitiva e a adopción duns costumes mais relaxantes axudara a evita-lo estres.
Os tóxicos: Entre destes productos cabe menciona-lo tabaco, o alcohol, o café, os conservantes ou colorantes alimentarios, a contaminación atmosférica ou o consumo excesivo de fármacos.
8-ARTEREOSCLEROSES: A arterioscleroses é a perda da elasticidade e gordura das arterias, facendo que a circulación do sangue sexa mais dificultosa.
Síntomas: Mareos, dor de cabeza, zumbado nos oídos, hipertensión, dor nas extremidades inferiores, etc.
Causas: Idade. Comeza xeralmente a manifestarse a partires dos 50 anos. Alimentación pouco axeitada con exceso de graxas, azucres e alimentos ricos en colesterol. Alcohol e tabaco. Estres. Falla de exercicio. Obesidade. Predisposición xenética.
Fitoterapia: Uso interno:
Infusións depurativas:
-Alcachofa : (Cynara scolymus) Extracto da planta. Planta comida cru en ensaladas ou cociñada. Zume de follas frescas con azucre.
-Allo: (Allium sativum) Cru na ensalada. Maceración duns 100 gramos de allo en 400 gramos de alcohol de viño. Media culleradiña antes de irse a durmir.
-Loureiro: Infusión dun par de follas nunha cunca de auga durante 10 minutos. 4 cuncas ó día.
-Ortiga: Zume da planta fresca.
9-COLESTEROL: O colesterol é unha substancia cerosa que aparece no sangue e tecidos dos animais. É un esteroide necesario para o bo funcionamento do organismo, en funcións tan importantes como a formación da vitamina D ou as hormonas. Sen o colesterol o noso organismo sería incapaz de absorbe-las graxas. Nembargantes, un exceso do mesmo (Hipercolesterolemia) leva consigo un deterioro da saúde. A acumulación do colesterol nas paredes arteriais (Hipercolesterolemia) é unha das causas da arterioscleroses. Altos niveis de colesterol supón un maior risco de sufrir algunha enfermidade vascular, coma infartos ou hemorraxias cerebrais.
Temos que ter en conta que hai dous tipos de colesterol: o chamado “malo” que vai relacionado coa LDL, ou lipoproteína de baixa densidade. (No inglés: Low-density lipoprotein) e o HDL, o colesterol “bo”, relacionado coa lipoproteína de alta densidade (no inglés: High-density lipoproteins). As lipoproteínas son as encargadas do transporte do colesterol a traveso da corrente sanguínea. É bo que a cantidade das segundas sexa alto porque non esta indicando que o colesterol que arrastran vaia ser eliminado do corpo, pero un número alto de lipoproteínas de baixa densidade é síntoma de que o colesterol vaia circular
pola sangue e finalmente se vaia depositar nas arterias, bloqueándoas e endurecéndoas.
Causas: Predisposición xenética: Hai certas persoas que parecen ter certa tendencia a ter niveis de colesterol altos. A obesidade. A falla de exercicio: media hora ó día de exercicio considerase moi útil para evita-lo colesterol. O estres. Unha alimentación rica en proteína animal. As carnes animais, os ovos e os queixos conteñen gran cantidade de graxas saturadas
que aumentan o nivel do colesterol. Substituíndo estes alimentos por outros de composición vexetal conseguiremos reducir o seu nivel, especialmente se o que consumimos son alimentos ricos en fibras.
Alimentos ricos en graxas saturadas que producen colesterol: Carne animal (+ a roxa); ovos (xema); Queixos (+ os curados); Manteiga de vaca; Aceites animais; Vísceras animais (riles, sesos…); Marisco; Leite integral; Doces e pasteis; Azucres refinados.
Alimentos ricos en graxas insaturadas axeitados para reduci-lo colesterol: Pescado azul; Froitas e verduras; Aceites vexetais (oliva, xirasol o soia); Cereais integrais; Pasta integral.
Fitoterapia: Uso interno:
-Alcachofais: (Cynara scolymus) Infusión de dúas culleradas de follas secas por litro de auga. Tomar tres veces ó día antes das comidas. Un preparado de zume das follas verdes mesturadas con viño pode servir para o mesmo cometido.
-Allo: (Allium sativum) Medio gramo de tintura ó día. Cru na ensalada. Maceración de 100 gramos de allo en 400 gramos de alcohol de viño. Media culleradiña antes de irse a durmir.
-Cebola: (Allium cepa) Macerar 300 gr. de cebola nun litro de auga durante 12 horas. Tomar tres vasos ó día.
-Dente de león: (Taraxacum officinale) Infusión das follas secas. Tomar 3 cuncas ó día.
A mesma infusión tamén pode facerse coa mestura de follas e raíces.
-Espárrago: (Asparagus officinalis) Infusión das xemas.
-Fresa: (Fragaria vesca) Froitos, fresas.
-Xirasol: (Helianthus annuus) Aceite.
-Chícharo: (Pisum sativum) Froitos.
-Faba: (Vicia faba) Froitos.
-Maceira: (Malus domestica ) Froito
-Manzanilla: (Matricaria chamomilla) 2 ou 3 cuncas ó día da infusión dunha culleradiña de flores secas por cunca de auga.
-Zenoura:(Daucus carota) Zume, infusión das sementes.
10-FLEBITES:
A flebites é unha inflamación das venas, sobre todo nas pernas.
Síntomas: Dor agudo nas pernas, queimón, canseira, etc.
Causas: Traballar demasiado tempo de pé. Levar prendas demasiado axustadas. Outras enfermidades, como as varices ou a mala circulación en xeral.
Fitoterapia: Uso interno:
Infusión depurativa: Castaño de Indias: (Aesculus hippocastanun) Cocemento de 50 gr. de cascara por litro de auga. Dúas cuncas ó día.
Uso Externo:
-Olivas: (Olea europaea) Cataplasma de aceite de oliva.
11-ALMORRÁS: As almorrás son varices na parte interior ou exterior do cu.
Síntomas: Dor, especialmente ó sentarse, picazón, queimón, etc.
Causas: Alimentación incorrecta: demasiado rica en graxas e proteínas e demasiado pobre en froitas e verduras. Falla de exercicio. Estres. Mala circulación.
Fitoterapia: Laxantes: incrementan as defecacións, regulando o transito intestinal:
-Áloe: extracto seco.
-Dente de león, malvarisco, pensamento, bieiteiro: Infusión da planta seca.
-Malva: Cocemento durante 20 minutos de 30 gr de flores e follas secas por litro de auga. Tomar 3 cuncas ó día)
-Liñaza, sésamo: sementes mesturadas coas comidas.
-Roseira silvestre: Cocemento das follas secas.
-Algarrobo: Cocemento da algarroba.
-Oliva: Nos casos de estrinximento pódense tomar un par de culleradas pequenas de aceite de oliva cru en aunas.
-Ortiga: Laxante suave: Infusión das follas secas.
Uso interno: Infusións depurativas:
-Consolda: (Symphytum officinale) Infusión de 150 gr. da raíz por litro de auga.
-Milfollas: (Achillaea millefolium) Infusión de flores secas.
-Gordolobo: (Verbascum Thapsus) Cocemento de 20 gr. de follas secas por litro de auga. Dúas cuncas ó día.
Uso externo:
-Carballo: (Quercus robur/Quercus pubescens) Baños de asento coa cocedura durante 45 minutos da cascara.
-Escrofularia: (Scrophularia nodosa) Baños de asento coa cocedura de 25 gr. de toda a planta por litro de auga.
-Ciprés: (Cupressus sempervirens) Baños coa cocedura durante 12 minutos de 30 gr. do froito por litro de auga.
-Oliveira: (Olea europea) Utilizase a cascara: decocción de 30 gr. por litro de auga. Lava-la zona afectada.
-Tomateira: (Solanum Lycopersicum) Ungüento con tomates fritos en graxa de porco.
-Bieiteiro: Sabugueiro: (Saúco): Loción co zume sacado por presión das follas tenras.

También podría gustarte
Comentarios