18.-ALGUNHAS APLICACIÓNS DAS PLANTAS (XIII)
APARATO XENITAL MASCULINO: 38-EXACULACIÓN PRECOZ; 39-IMPOTENCIA; 40-PRÓSTATA.
APARATO XENITAL MASCULINO.
38-EXACULACIÓN PRECOZ: A exaculación precoz defínese como a incapacidade, durante a fase preexaculatoria, de controlar voluntariamente o acto da exaculación.
Síntomas: Incapacidade do control da exaculación. Orgasmo masculino involuntario que se produce inmediatamente despois da penetración ou anteriormente a esta.
Causas:
Psicolóxicas: Son as mais abondosas e afectan a un 75 % dos homes nalgún momento da súa vida e dun xeito constante nun 30 %. É unha disfunción que soe presentarse na maioría de mozos xóvenes nas primeiras estadías da relación sexual, pero soe arranxarse espontaneamente na maioría deles. A necesidade socialmente admitida que ten o home de facer un bo papel na cama, é a orixe dunha tensión emocional que, nalgúns casos, é o causante da exaculación precoz. A crenza errónea de que a muller debe acadar obrigatoriamente o orgasmo mediante a penetración, leva a crear unha tensión emocional nos homes, que pode causar este problema. Tamén unha mala educación exaculatoria na infancia ou xuventude, na que a masturbación ou a relación sexual contemplase como algo prohibido ou pecaminoso, polo que debe facerse de xeito rápido, impide a prolongación do acto pracenteiro e, consecuentemente, pode conducir a unha falla de control na exaculación nas épocas posteriores. Outras causas persoais, como a vergonza a mostrar o corpo con naturalidade, trabas de tipo social ou relixioso, ou la falla de comunicación na parella inflúen neste sentido.
O estres. Drogas coma o tabaco, alcohol, café ou té. Trastornos circulatorios. Problemas físicos: que poderían abranguer dende tumores, pólipos e malformacións uretrais ou testiculares, tiroides, enfermidades neurolóxicas ou endócrinas, diabetes, etc.
Fitoterapia: O tratamento desta disfunción pode ser enfocado dende moi diversas frontes. Existen técnicas para reeducar ao individuo a saber cando se vai a produci-la exaculación e, consecuentemente, poder controla-la antes de entrar no acto reflexo exaculatorio, que xa é incontrolable. Fundamentalmente estas técnicas baséanse en dous principios. En primeiro lugar, retarda-la exaculación mediante técnicas masturbatorias solitarias, de xeito que se aprenda a sentir o pracer e, ó mesmo tempo, se consiga dominar a incapacidade de controlar o impulso. En segundo lugar, facer en parella exercicios de presión sobre do glande, que consisten en deter o impulso exercendo presión durante uns segundos sobre o extremo do pene. A repetición destas técnicas, combinadas cunha relación sexual mais convencional, leva en moitos casos a unha superación da disfunción.
Noutras ocasións, cando o problema dependa de problemas físicos, o diagnostico e tratamento por parte do médico especialista resulta imprescindible. Algunhas veces unha maior comunicación entre os membros da parella permitirá unha sexualidade mais aberta que poderá solucionar o problema. En todo caso, cando os problemas persoais non podan ser resoltos, entre deles, unha terapia axeitada por parte dun profesional faise precisa.
Polo que respecta á fitoterapia, o esforzo centrase en aplicar aquelas plantas que inflúen sobre o sistema nervioso, proporcionando unha maior tranquilidade para evitar que a ansiedade sexa a causa desta disfunción. Entre elas teríamos as seguintes:
Uso interno:
-Tila: (Tilia platyphyllos) Infusións das follas secas.
-Herba luísa: (Lippia citriodora) infusións de follas secas. 2 cuncas ó día.
-Manzanilla: (Matricaria chamomilla) 2 cuncas ó día de infusión das sumidades florais.
-Valeriana: (Valeriana officinalis) Infusión da planta seca, 10 minutos antes de ter relacións sexuais.
-Avea: (Avena sativa) Tomar un par de culleradas de copos de avea con leite ou o iogur.
Uso externo:
-Romeo: (Rosmarinus officinalis) Baños de asento para sedar os xenitais. Engadir un litro de infusión das follas secas.
39-IMPOTENCIA: A impotencia sexual defínese como a imposibilidade de manter unha erección firme.
Síntomas: Incapacidade da erección, flaccidez no pene que non deixa lograr a penetración.
Causas:
Psicolóxicas. Son as mais abundantes e afectan a un 90 % dos homes nalgún momento da súa vida. A necesidade socialmente admitida que ten o home de lograr un bo papel na cama, á a orixe dunha tensión emocional que, nalgúns casos, é o causante da impotencia. Outras causas persoais, como a vergoña a mostrar o corpo con naturalidade, trabas de tipo social ou relixioso, ou a falla de comunicación na parella poderían influír. Estres. Drogas coma o tabaco, alcohol, café ou té. Trastornos circulatorios. Problemas físicos: que poderían abranguer dende tumores ou pólipos, malformacións uretrais ou testiculares, ataxia (Desorde, irregularidade, perturbación das funcions do sistema nervioso), tiroides, diabetes, etc.
Fitoterapia: Uso interno:
-Apio: (Apium graveolens) Comer a planta enteira, fresca en ensalada.
-Fenogreco: (Trigonella foenum gracum) Preparados a base de extractos ou sementes. Resulta perigoso no caso de embarazo ou azucre no sangue. Mellor consultar o especialista antes de comezar o tratamento.
-Fiúncho: (Foeniculum vulgare) 10 gr. de decocción da raíz. Tomar 3 cuncas diarias.
-Limoeiro: (Citrus limonum) Tomar o zume do limón a vontade.
-Laranxa: (Citrus aurantium) Tomar o zume de laranxa a vontade.
-Noz moscada: (Myristica fragrans) Aceite esencial. Resulta perigoso, non soamente porque en doses que superan á cantidade permitida ten efectos narcotizantes e produce convulsións, senón porque en uso prolongado asóciaselle coa aparición de tumores.
-Ortiga: (Urtica dioica) Cocemento de 15 gramos de raíz fresca por litro de auga. Beber 3 cuncas diarias.
-Pé de león: (Alchemilla Vulgaris) Infusión dunha cullerada por cunca de auga. 4 cuncas diarias.
-Sida: (Sida cordifolia, Sida rhombifolia) Preparados que conteñen principalmente este producto. A presencia do alcaloide efedrina fai que sexa un producto perigoso.
-Silvamar: (Smilax officinalis) Cocemento dunha culleradiña de raíces por cunca de auga. 2 taciñas ó día. Produce un aumento de eliminación do mexo moi importante, que podería ser contraproducente en desequilibrios da tensión. Consultar ao especialista.
-Outras plantas que supostamente incrementan a potencia sexual e sobre as que existen moi poucas referencias son: Dianella javanica. Apama corymbosa. Santiria griffithii e Limnophila rugosa.
40-PRÓSTATA: A próstata é unha glándula encargada de producir o líquido seminal. Encontrase no pescozo da vexiga e da uretra e soamente a posúe o home. As principais enfermidades que lle afectan son:
Prostatites, é unha inflamación que pode aparecer momentaneamente (Postratitis aguda) ou unha inflamación crónica (Postratitis crónica). Aumento da próstata que se produce na maioría dos homes a partires dos corenta anos, afecta a un 10 %, e que resulta común nun 60 % de baróns de oitenta anos. Coñecese cos termos médicos de hipertrofia prostática benigna ou adenoma de próstata. O Cancro de próstata é o mais común dos cancros nos homes a partires dos cincuenta.
Síntomas: Entre os síntomas mais destacados e comúns ós tres tipos, encóntranse os seguintes: Gañas frecuentes de mexar, ter dificultade e escozor, así como sensación de quedarse aínda cheo despois de facelo. Dores nos riles e no sacro. Calafríos.
Causas: As causas da prostatites aguda son fundamentalmente infeccións bacterianas, infeccións de transmisión sexual ou contaxio por exploración médica. A prostatites crónica, con síntomas menos intensos que na aguda, pode ser consecuencia dunha prostatites aguda mal curada e como resultado de outras infeccións do aparato urinario.
No aumento benigno da próstata parece intervir un derivado da hormona testosterona, chamado dihidrotestosterona, que estimula o crecemento das células prestancias. Este aumento fai que a próstata prema a uretra, que é a canle que conduce o mexo dende a vexiga fora do corpo, e produce os desagradables síntomas vistos anteriormente.
Non se saben realmente cales son as causas que producen cancro de próstata, anque no desenrolo deste parecen influír feitos hereditarios, tipo de alimentación e factores ambientais.
De presentarse algún síntoma dos vistos anteriormente aconsellase a visita a un especialista para que dictamine qué tipo de patoloxía se refire. É moi importante o rápido diagnóstico da enfermidade para evitar que empeore ou se volva crónica e, sobre todo, se desafortunadamente tratase dun cancro de próstata, impedir que este se disemine a outras partes do corpo, especialmente rumbo ós osos (metástases).
Entre os factores que predispoñen ó desenrolo ou infección da próstata encóntranse o consumo de graxas, ou alimentos demasiado ricos en azucres, a inxesta de bebidas alcohólicas ou o consumo de toxinas. Outros factores que debemos ter en conta son a acumulación durante moitos días de feces no recto, porque, dada a presencia de moitas bacterias, poden rematar inféctano esta glándula. A administración de hormonas pode agravar a enfermidade.
En xeral recomendase o consumo abondoso de froitas, verduras, legumes e cereais integrais. Todos eles, polo seu gran contido en fibra, axudan a eliminar as feces e limpar o intestino, polo que se evitan putrefaccións que poderían orixinar unha postratites.
Fitoterapia: a función principal de la fitoterapia consistirá en utilizar aquelas plantas cuXa finalidadE se traducirá en:
-O tratamento do aumento benigno da próstata (hipertrofia prostática benigna).
-Plantas que axudan a superar as prostratites.
-Depurar o organismo para que este se encontre nas mellores condicións que eviten o risco dunha infección. Para iso utilizaremos con frecuencia tisanas feitas con plantas que posúan un valor diurético. É dicir: aquelas que axudan a eliminar auga do organismo, depurándoo e, ó mesmo tempo, liberen a vexiga urinaria de mexo, co que axudan a paliar a opresión que unha glándula prostática inflamada exerce sobre este órgano.
-Utilizar plantas laxantes que impidan o estrinximento.
-Utilizar aquelas plantas con propiedades anticanceríxenas.
Uso interno: Entre las plantas especialmente prostáticas temos as seguintes:
-Cabaza: (Cucurbita pepo) Moi útil para o tratamento da hipertrofia prostática benigna. Ao posuír un compoñente chamado cucurbitacina que inflúe na dihidrotestosterona, evitando que esta produza o aumento da próstata. Ó mesmo tempo, ó tratarse dunha planta con propiedades diuréticas, permite vaciar a vexiga urinaria, paliando os efectos desagradables desta patoloxía. Comer sementes de cabaza secas ou frescas, sen a cáscara. Xarope de sementes de cabaza e mel: Mesturar sementes de cabaza esmagadas sen cáscaras con mel na mesma proporción. Comer unha cullerada en aiunas cada maña.
-Borralla: (Borago officinalis) Moi axeitada no caso da inflamación da próstata e prostatites. Cocemento dunha presa de follas nun litro de auga, durante 10 minutos. Beber un par de cuncas ó día.
-Ortiga: (Urtica dioica) As infusións de follas de ortiga seca son un diurético moi importante, os esteroides do extracto da raíz actúan directamente sobre a hipertrofia prostática benigna ó aumenta-la cantidade de micción diaria, relaxar a vexiga urinaria e inhibir o crecemento desta glándula. A dose estimase nuns 240 mg diarios repartidos en dúas tomas.
-Palmito: (Serenoa repens) Impide a transformación da testosterona en dihidrotestosterona, polo que actúa activamente ao evitar o crecemento desmesurado da próstata. Non diminúe o tamaño da próstata agrandada, pero evita un crecemento maior e mellora os síntomas, facendo que o enfermo se atope mellor ó facer que a micción sexa mais abondosa, non tan frecuente e evita-la sensación de enchido. (320 mg de extracto repartidos en dúas tomas diarias).
-Pygeum: (Pygeum africanum, Prunus africana) O extracto desta planta, en doses de 100 mg diarios repartidos en dúas tomas, axuda no tratamento da hipertrofia prostática benigna con un resultado similar ó palmito (Serenoa repens).
-Castaña: (Castanea sativa) Pola súa riqueza en zinc, que é un compoñente antiprostático moi importante. O seu uso evita o agrandamento incontrolado desta glándula (Comer castañas crus).
-Zenoura: Constitue unha fonte de betacarotenos, con propiedades desintoxicantes e anticanceríxenas. (Comer abondosamente en cantidade e crúa).