Amigus
As Pontes

LIGA PONTESA DE VETERANOS

Esta fin de semana rematou a primeira volta

Esta fin de semana disputouse a novena xornada e por tanto rematou a primeira volta da Liga pontesa de Veteranos 2022-23.

Nesta derradeira xornada triunfos claros 7-1 de Jeycar ante Electricidad J&O, 6-0 de La Galaxia ante As Pontes 74, e algo máis axustado 3-1 de Muebles Eume, que escala postos, ante MMYPEM.

No partido da xornada o Estanco Mari Carmen e A Cepa do gran Pichel (primeiro pontés en ser convocado pola Selección Galega de Fútbol sala) empataron 2-2.

Con todos os equipos co mesmo número de partidos disputados comprímese moito a loita polo título e do primeiro ao cuarto so hai tres puntos de diferencia.

Lidera La Galaxia Venus con 20, seguido de Muebles Eume con 19, Estanco Mari Carmen con 18, e A Cepa con 17.
Bar Encanto Lecar 712 ten dez puntos, MMYPEM 8, Jeycar 7, e na parte baixa Electricidad J&O suma tres puntos por menos un do As Pontes 74.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios