Amigus
As Pontes

Nota de prensa CIG: O PSOE galego defende agora a solución proposta pola CIG hai máis de dous meses para reformar o Decreto do Carbón

Reparto do cupo concedido ao carbón español, entre todas as tecnoloxías do Sector Eléctrico e non só no carbón importado
Segundo a información publicada, na reunión interna do PSOE mantida onte, 11 de novembro, en Madrid entre as Comunidades Autónomas afectadas polo Decreto do Carbón, o Alcalde das Pontes, en nome do PSOE galego defendeu agora que o oco de produción eléctrica que, por decisión política, se lle concede ao carbón español, sexa soportada polo conxunto de tecnoloxías do sector que producen electricidade e non só polo carbón importado, como ocorre na aplicación estricta do Decreto.
Dende a Federación de Químicas e Enerxía da CIG alegrámonos moito de que, logo de máis de dous meses de que nós fixeramos publicamente esta proposta sexa recollida agora polo PSOE galego.


Mais tamén esperamos que, como o conflicto provocado por este Decreto aprobado tamén polo PSOE sigue sen solución definitiva, esta posición que agora se adopta se manteña no tempo; pois temos que lembrar que, nestes dous últimos meses, esta mesma forza política pasou de pedir un fondo de compensación para paliar os danos provocados polo Decreto, logo solicitaba que se lle outorgasen por parte da Xunta de Galiza megawatios eólicos ás empresas propietarias de Meirama e As Pontes (unha proposta que rozaba a prevaricación, pois esa decisión depende dun Concurso), posteriormente, diante da reunión da denominada Comisión de Seguimento de Madrid, non explicitou posición ningunha e, agora, definitivamente acolle á xa realizada pola CIG.
Sexa como for, esta proposta, antes e agora, é a máis acaída para evitar un importante dano no tecido productivo galego e que permite seguir trabando ao ritmo semellante ao actual ás Centrais Térmicas de Meirama e As Pontes.
Federación de Químicas e Enerxía da CIG
Compostela, 12 de novembro de 2010

También podría gustarte
Comentarios