Amigus
As Pontes

FESTAS DE SAN ANTÓN NA TOCA

Esta fin de semana o lugar da Toca, na parroquia de Recemel, preto das Pontes, celebrou as súas festas patronais na honra de San Antón de Padua, que se celebran dende moi antigo a carón da capela do santo (construída en 1880) con gran afluencia de público, tanto nas verbenas coma nas funcións relixiosas. Os festexos comezaron o venres cunha verbena a cargo das orquestras Alarma e Jerusalén.
O sábado 18, logo da misa e procesión amenizou a sesión vermú a orquestra Panamá, que tamén estivo na verbena da noite xunto á orquestra Costa Oeste. Foliada puxo a música na sesión vermú do domingo, coa que se daban por rematadas estas tradicionais festas da Toca, aínda que polo serán houbo competicións deportivas con dous partidos de fútbol, un de mulleres e outro de homes.
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg


A PARROQUIA DE RECEMEL
Santa María de Recemel é a parroquia máis ó sur do concello das Somozas. Pertence ó arciprestado das Pontes e diocese de Mondoñedo. Despois da parroquia de Santiago das Somozas é a segunda máis poboada con 455 habitantes distribuídos en corenta aldeas e lugares, dos que cinco están deshabitados. Os máis poboados son as da Igrexa, con 66 habitantes, A Lameira (54), Pena de Eiriz (52), Freixeiro (26), A Toca (25) e A Paleira (24).
Os principais accidentes orográficos son os montes de Tafornelos (525 metros) e o Outeiro (451 m.). Regan o seu territorio o río Grande e o rego de Rámez.
A principios do século XIX Recemel formaba parte do concello de Moeche e a xurisdición de Narahío, pasando logo ó concello das Somozas en 1845, que estaba formado por unha soa parroquia, Santiago Seré das Somozas. Enchousas e Seixas xurdiron en 1895 ó separarse de Santiago das Somozas.
En 1835 contaba con 426 casas repartidas en 40 lugares e casaríos, con 430 veciños e 670 habitantes. Tiña unha escola unitaria á que ían 40 nenos e o mestre tiña unha dotación dunha obra pía e a reducida retribución que aportaban os nenos. Era unha parroquia con curato de provisión ordinaria.
No lugar da Toca celebrábase unha feira mensual o segundo xoves de cada mes.
SAN ANTÓN DE PADUA
San Antón de Padua, de nome Fernando Martim de Bulhôes e Taveira Azevedo, tamén coñecido como Santo António de Lisboa, foi un teólogo, predicador e monxe portugués nado no barrio de Alfama en Lisboa o 15 de agosto de 1195 no seo dunha familia aristocrática de Lisboa descendente do cruzado Godofredo de Bouillon.
Primeiro foi monxe agostiño e en 1220 fíxose franciscano, adoptando o nome de Antón en honra de San Antón Abade (monxe eremita nacido en Heracleópolis Magna –Exipto- en 251 e falecido en Monte Colzim –Exipto- en 356, sendo a súa festividade o 17 de xaneiro). Foi enviado a un pobo de Montepaolo predicando contra a herexía polo norte de Italia e o sur de Francia. Enfermou de hidropisía morrendo o 13 de xuño de 1231 á idade de 36 anos no convento das Clarisas Pobres de Arcelia cando ía de regreso a Padua.
Foi canonizado ós 352 días do seu falecemento o 30 de maio de 1232 (a persoa máis rapidamente canonizada na igrexa católica). É o patrón de Lisboa, Padua (onde están os seus restos) e numerosas cidades de España e América.
A Toca, 19 de xuño de 2011 (AF)
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Santo_Anton_da_Toca_2011_001.jpg
Nova cortesia de A.F.

También podría gustarte
Comentarios