O Santaballés desperdiciou unha boa oportunidade de distanciarse dos seus perseguidores, pero a derrota, por outra banda clara e merecida, diante do conxunto de A Cepa, fixo que Mobles Eume e Farmavida se acheguen ós chairegos nun punto despois do seu empate a un gol nun partido que estivo moi disputado e no que Farmavida tivo a infortunio de marcar en propia porta o tanto do equipo mobleiro. Foi nun centro desde a esquerda que Javier Salido, o xogador que máis temporadas estivo no Club Deportivo Endesa As Pontes, ó tratar de rexeitar mandou o balón ó fondo da súa propia portería. Resultados normais nos outros dous encontros e polo mesmo tanteo (2-1) entre Xuntanza e Maren e La Galaxia e MMYPEM.
Quedan catro xornadas para o final e as primeiras posicións están aínda sen decidir, pois tan só tres puntos separan ó primeiro clasificado, Santaballés (que descansa na vindeira xornada), e o terceiro na táboa, Farmavida, equipo que lle corresponde descansar na xornada 12ª, que foi aprazada no seu día debido ó temporal de chuvia e bento.
Xuntanza – Maren (2-1) Alberto e Piñón (pp) / Cata
A Cepa – Santaballés (4-1) Fernández (2) e Pichel (2) / Lozano
La Galaxia – MMYPEM (2-1) Oscarín e Sito / Genucho
M. Eume – Farmavida (1-1) Salido (pp) / Javi
Descansou: As Pontes 74

CLASIFICACIÓN (ptos)
1º SANTABALLÉS – 27
2º MOBLES EUME – 25
3º FARMAVIDA – 24
4º LA GALAXIA – 22
5º A CEPA – 20
6º XUNTANZA – 14
7º AS PONTES 74 – 11
8º MMYPEM – 8
9º MAREN – 7
GOLEADORES
FERNÁNDEZ (A Cepa) – 8
LOZANO (Santaballés) – 8
SITO (La Galaxia) – 8
PEPE (Mobles Eume) – 7
LOLO (A Cepa) – 6
ROCA (As Pontes 74) – 6
CABANELA (MMYPEM) – 6
MANEL (Mobles Eume) – 6
OSCARÍN (La Galaxia) – 6
FELIPE MIERES (Santaballés) – 5
16ª XORNADA
23/24 – Febreiro – 2013
La Galaxia – Xuntanza (Sáb. 23, 20,00)
Farmavida As Pontes 74 (Dom. 24, 10,00)
MMYPEM A Cepa (Dom. 24, 11,00)
Maren M. Eume (Dom. 24, 12,00)
Descansa: Santaballés
Nova cortesía de A.F.