Unha hora despois do inicio da final cadete en Pontedeume, comezaba no campo dos Calzados da Capela a final infantil, na que o As Pontes goleou por 7-0 ó Narón, equipo que acudiu á cita con tan só doce xogadores, debido ás baixas que tiña por lesión. Para máis desgraza do cadro naronés, na metade do partido sufriu a lesión de dous xogadores, polo que tiveron que retirarse do terreo de xogo, quedándose o Narón cun efectivo menos e posteriormente con dous menos, a falta duns dez minutos, por expulsión do seu central.
Antes, o partido xa quedara sentenciado no minuto trinta co segundo gol de Ayrton, que marcou o primeiro no cinco. No minuto dez e tras un rexeite do meta naronés, anotaba para os ponteses Andrés, que volveu a marcar nos instantes finais da primeira metade.
A segunda parte foi un monólogo dos ponteses ante un Narón que nunca perdeu o ánimo e puxo vontade e ilusión, a pesar de xogar en inferioridade e ir perdendo con claridade. Jandro, en dúas ocasións, e Ayrton, de penalti, redondearon a vitoria pontesa.
Polo As Pontes xogaron de inicio Malena, Sergio Cazás, Manuel, Álex Fernández, Martín, Adrián, Andrés, Ayrton, Alberto, Sergio e Antón. No segundo tempo entraron David Otero, Diego Criado, Josiño, Jandro e Lino. Arbitrou o ferrolán Brais Ferreiro. Preto de cen espectadores no campo dos Calzados en tarde de sol, que ía refrescando conforme se achegaba o solpor.
Chapeau para os rapaces do Narón Balompé pola vontade e a ilusión que puxeron no partido. E felicitacións para o As Pontes infantil que con este novo título redondeou unha brillante tempada, co título da Copa de Ferrol, o subcampionato de liga e que semana pasada saboreou o ascenso de categoría, pero a inxusta normativa do gol dobre fixo que se quedara ás portas.
COPA AFACO INFANTIL 2013
Grupo A
1º Eume Deportivo
2º Numancia de Ares SDR
3º Galicia de Mugardos
Grupo B
1º Cultural Maniños SD
2º CCRD Perlío
3º Rápido de Neda
4º AD Miño
Grupo C
1º Narón BP A
2º CD San Sadurniño
3º Meirás CF
Grupo D
1º CD As Pontes
2º Narón BP B
3º SD O Val
4º FC Ortigueira
Semifinais
Cultural Maniños SD 3 Narón BP A 2
Eume Deportivo 1 CD As Pontes 3
Narón BP A 4 Cultural Maniños SD 1
CD As Pontes 5 Eume Deportivo 2
Final
Narón BP A 0 CD As Pontes 7
Nova cortesía de X. Ferreiro e AF