A empresa Arteixo Telecom está en concurso de acredores dende finais de maio, presentando a empresa un Plan de Viabilidade que recolle o despedimento 46 compañreir@s, o que supón o 40 % do plantel de traballador@s.
No mesmo Plan recolle unha redución salarial de un 20% o que precariza substancialmente as condicións económicas dos traballador@s, sumándolle a estas medidas a flexibilización do 20% da xornada laboral.
Os traballador@s rexeitamos este Plan de Viabilidade o considerar que non garante o futuro da empresa, e instamos a Dirección da Empresa e a Xunta de Galicia a que se busquen alternativas para que a empresa teña viabilidade REAL e manteña o emprego. Cabe recordar que Arteixo Telecom realiza a súa actividade no sector tecnolóxico, dentro do cal esta considerada como empresa estratéxica polo Parlamento Galego dende 1995.
Por iso pedimos o apoio do pobo na CONCENTRACIÓN que terá lugar o vindeiro martes 23 as 19:00 horas diante da Casa do Concello de As Pontes.
NA DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO EN ARTEIXO TELECOM
Novas
- RESULTADOS DO CLUBE GRUPO XUVENIL DE PIRAGÜISMO NA 1ª REGATA DO III CIRCUITO PROVINCIAL DIPUTACIÓN DE A CORUÑA
- O Dragon boat de Folixa na TVG
- Copa de España Dragon Boat Nautico Folixa
- RESULTADOS CLUBE DE PIRAGUISMO GRUPO XUVENIL NOS LIV CAMPEONATOS DE ESPAÑA DE XOVENES PROMESAS.
- Curso de micro:bit
- ALBA ABRIL E MARÍA LEFLER DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES, CAMPEONAS DE ESPAÑA FEMENINAS
- RESULTADOS CLUBE DE PIRAGUISMO GRUPO XUVENIL NOS CAMPEONATOS GALEGOS DE K-1 NA CATEGORÍA INFANTIL.
- Novo récord Galego de Gonzalo Iglesias Gómez
- LIV CAMPEONATOS DE ESPAÑA DE INVERNO DE PIRAGÜISMO
- NOTA PRENSA CR FENDETESTAS
También podría gustarte
Comentarios