Amigus
As Pontes

81.000 ordenadores con Gnu/Linux

Lendo galpon.org:
“E todo isto en España. Ó parecer, os centros de educación andaluces contarán con 81.000 ordenadores equipados unicamente con software libre (concretamente Guadalinex, baseado en Debian) a partires de setembro.”…

guadalinex.jpg


…”A consellería de educación pensa aumenta-lo número de centros TIC e DIG, centros dotados dun ordenador para cada dous alumnos, dos 100 existentes neste curso a 300, ademáis de dotar a tódolos colexios e institutos cun aula de informática. Este feito fará que se pase dos 24.000 equipos dos que xa dispón a rede andaluza a 81.000 o que supón a incorporación de 47.000 ordenadores.
Comentar que a estratexia de implantación da Xunta de Andalucía diferiu do caso extremeño, no que a adopción do software libre se está a desenvolver de forma escalonada, en lugar de facerse na totalidade das instalacións.
Ademáis o mantemento técnico dos equipos lévase de forma centralizada no CGA (Centro de Xestión Avanzado de centros TIC), mentras que no caso de Extremadura fáise de forma descentralizada, a traveso de persoas encargadas en cada centro.
Pola súa parte os encargados do desenvolvemento de Guadalinex, xa están a punto de saca-la versión definitiva da que será Guadalinex 2004. Xa se liberou a que será a derradeira beta (2). Podedes descargala dende a súa web para probala e pulir fallos. Eu xa o fixen coa beta 1, e podo comentar que é unha moi boa distribución. Recomendable se queredes ter unha debian moderna e sen continuas modificacións.
Está baseada en Debian Sarge e contén Gnome 2.6 e kernel 2.6.
Tamén moi recomendable a Gnulinex 2004 que xa vai pola súa versión RC2. Un bombazo de distribución que tamén trae Gnome 2.6, kernel 2.6.6 e como novidade, utiliza na súa instalación o anaconda de Fedora Core 2. Ademáis nesta versión permite elixir entre utiliza-los clásicos iconos renomeados da linex orixinal ou os mesmo cos seus nomes clásicos en Linux.
Unha virguería para todos os que nos gusta Debian.”
Fonte: galpon.org

También podría gustarte
Comentarios