Amigus
As Pontes

COPA XUNTA DE GALICIA: O ESTEO F.S. – CIDADE DE NARÓN F.S. (2-1)

Cumpríronse os prognósticos e tanto Esteo coma Cidade de Narón estarán na seguinte rolda da copa Xunta de Galicia logo da vitoria dos ponteses sobre o conxunto naronés no partido disputado na tarde de onte no pavillón da Fraga, que rematou con vitoria do Esteo por un axustado 2-1. Ó descanso o marcador rexistraba un dous a cero a prol dos ponteses. O choque estivo moi nivelado ó longo dos corenta minutos con dous equipos que se van e ver na liga de Segunda División B que comeza a vindeira semana. Os dous equipos trataron de agradar ós afeccionados que se deron cita no pavillón da Fraga e ó longo do partido houbo ocasións para os dous equipos, estando máis acertado o Esteo, que marcou o seu primeiro gol a falta de catro minutos para o descanso nun balón que colle Héctor e bate por baixo ó meta naronés. O segundo tanto dos ponteses chegou a falta dun minuto para o descanso cando o capitán Fran envía un certeiro disparo polo escuadro establece o dous a cero. No segundo tempo, a tónica de xogo foi a mesma con dominio alterno e oportunidades para os dous equipos. Juve, de dobre penalti, estableceu o 2-1 definitivo cando faltaban catro minutos para o remate do encontro, aínda que o mesmo xogador tivo outro dobre penalti pero o seu lanzamento foise desviado. Ó final vitoria dos ponteses nun partido que deixou satisfeitos ós dous equipos.
esteo


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Pelu, Gerardo, Héctor, Rubi –cinco inicial- Fran, Diego, Rober e Ito.
CIDADE DE NARÓN: Ángel, Rober, Brais, Álex, Juve –cinco inicial- Josito, Lito, Ayalita e Buján.
ÁRBITROS: Manuel Dans e María Corrochano, da delegación da Coruña. Tarxetas amarelas ós locais Pelu e Fran e ós visitantes Álex, Ayalita, Buján e Juve.
GOLES: Min. 16 (1-0), Héctor. Min. 19 (2-0), Fran. Min. 36 (2-1), Juve, de dobre penalti.
INCIDENCIAS: Partido da derradeira xornada de grupos da Copa Xunta de Galicia disputado este sábado 21 no pavillón municipal da Fraga ante uns 200 espectadores.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortresía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios