Amigus
As Pontes

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS – KALEIDO UNIVERSIDADE DE VIGO B

O Fendetestas recibe este domingo ó Vigo B no derradeiro encontro de Liga

O Fendetestas pontés de rugbi recibe este domingo no seu Campo de Monte Medulio ó Kaleido Universidade de Vigo B.

Os ponteses xa son matemáticamente primeiros, e o Zalaeta segundo, polo que nesta xornada se dirimirán as outras dúas prazas de play off

Por elas pelexarán 0 Santiago, que ten 36 puntos, Vigo B que ten 34 e o Muralla de Lugo con 32. Tamén ten 36 o Mareantes B pero este equipo non pode aspirar ó ascenso xa que ten ó seu primeiro equipo na Primeira Territorial Galega.

Os vigueses con unha vitoria clasificarían, xa que como mínimo quedarían cuartos dos que poden ascender.

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA (14ª xornada)
CR FENDETESTAS – KALEIDO UNIVERSIDADE DE VIGO B
Domingo 25 – Febreiro – 2018 (12:30 h)
Campo Monte Medulio

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios