Revolto de pleurotus con castañas sobre nubes de queixo

Corte a cebola en aros finos e dórea no aceite quente, rasgue as setas coas mans e engádaas á tixola, sazone ó gusto e deixe que se doren durante 5 minutos.
Pele as castañas, tanto a cáscara exterior como a monda interior e córteas en pequenos pedazos. Fríaas a parte e engádalles o sal. Unha vez fritas m¡stúreas coas setas. Bata os ovos co chorriño de nata líquida, engádaos agora ás setas e remova con vigor para facer o revolto de ovo…


Unte as tostadas de pan de molde cunha nube de crema de queixo, córteas á metade e quénteas sobre unha prancha. Por último sirva o revolto quente sobre as tostadas e decore o prato cunhas folliñas de leituga tenras.
¡Disfrute do prato!
Ingredentes:
– 300g de pleurotus
– 15 castañas medianas peladas
– 4 ovos
– 1 chorriño de nata líquida
– 1 cebola
– 10 rebanadas de pan de molde
– 1 tarrina de crema de queixo
– Aceite de oliva
– Sal

pleurotus.jpg

También podría gustarte
Comentarios