Amigus
As Pontes

Samsung presenta o seu primeiro móbil WiMax

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo codigocero.com:
“Os teléfonos móbiles empregan habitualmente tecnoloxías exclusivas para establecer comunicacións coma GSM, GPRS ou UMTS, pero tamén hai modelos que incorporan conectividade Wi-Fi, o que permite empregar as redes domésticas e corporativas para empregar servizos de banda larga ou para efectuar chamadas a través de tecnoloxías VoIP, e agora Samsung abre a porta á tecnoloxía WiMax (coñecida na súa modalidade móbil coma WiBro) co seu terminal SPH-M8100.
A tecnoloxía WiMax mellora tanto a velocidade como a cobertura con respecto a Wi-Fi, e nos móbiles abriría as comunicacións de datos a velocidades de ata 20 Mbps e tamén permitiría realizar chamadas, aínda que no terminal do que falamos non estariamos a falar exactamente dun teléfono, xa que non funciona a través de redes alternativas, polo que sería un dispositivo móbil que permite efectuar chamadas (¿terán un nome diferenciado no futuro?).”…


Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios