A Coruña acollerá a segunda edición do GUADEC-ES, unha conferencia internacional sobre o proxecto Gnome

Lendo codigocero.com:
“A versión hispana do GUADEC, a Conferencia Europea de Desenvolvedores e Usuarios de Gnome, vaise celebrar este ano na Coruña, do 19 ó 21 de maio, na Facultade de Informática da Universidade. Esta “alternativa para castelán falantes do GUADEC” (GUADEC-ES), que xa vai pola segunda edición (a primeira foi en Almendralejo), vén a ser un complemento á conferencia internacional que se celebra en Stuttgart (Alemaña), do 29 ó 31 de maio. Tanto este encontro coma o outro van encamiñados a amosar os avances do proxecto GNOME, escritorio gráfico que naceu en 1997 da man de Miguel de Icaza e que conta hoxe en día con centos de desenvolvedores en todo o mundo.”…

guadec.jpg


Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios