A nova versión de Avidemux 2.4.2 trae consigo unha chea de correccións
Lendo mancomun.org:
“Avidemux é un editor de vídeo deseñado pensando na facilidade de uso ao cortar, filtrar e codificar vídeos. Soporta diversos tipos de formatos, incluíndo AVI, ficheiros MPEG, MP4 e ASF, cunha gran variedade de códecs. Pódense automatizar tarefas grazas ao uso dos proxectos, da cola de traballos e das grandes capacidades de scripting da aplicación.”…
…”Avidemux é multiplataforma (funciona en Linux, BSD, Mac OS X e Microsoft Windows) e distribúese baixo a licenza GPL.
A última versión, como comentan na súa páxina web, é “posiblemente, a versión con máis correccións de erros lanzada de Avidemux”…
A lista de novidades e corrección de erros desta versión pódela atopar na seguinte ligazón:
http://avidemux.berlios.de/news.html#2008-07-07
Páxina de descargas de Avidemux:
http://avidemux.berlios.de/download.html “…
Fonte: mancomun.org