A PartyFoz 2008 quenta motores

Lendo mancomun.org:
Galite (Grupo Asociado pola Libre Información e Tecnoloxía) en colaboración co Concello de Foz organiza entre os días 15, 16 e 17 de agosto a PartyFoz 2008, á que se achegarán, segundo cálculos da organización, entorno un centenar de asistentes. Os interesados en participar xa poden formalizar a súa inscrición a través das webs: www.galite.org e www.partyfoz.es.”…


…”A cuarta edición da PartyFoz abrirá as súas portas este verán para reeditar as xornadas de anteriores anos nas que se intercambiaron diferentes experiencias e se afondou na temática do Software Libre, con obradoiros e conferencias sobre o mesmo. Ademais incluiranse charlas sobre os dereitos de autor.
Haberá tamén tempo para a diversión para o que se realizaran campionatos de consolas e PC con xogos como Need for Speed Most Wanted, Counter-Strike, Pro Evolution Soccer ou Dragon Ball, entre outras actividades.”…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios