A USC aposta polo software libre para modernizar a súa xestión orzamentaria

Lendo codigocero.com:
“A Universidade de Santiago semella estar apostando por dúas cousas á hora de encargar proxectos tecnolóxicos para si mesma: polos mozos empresarios galegos e máis polo software libre. Iso é, polo menos, o que se desprende da recente adxudicación á firma de enxeñería informática Igalia do desenvolvemento das vindeiras fases do proxecto e-Sicus, ferramenta de xestión de orzamentos da USC. O traballo de Igalia (empresa galega especializada en software libre) está a consistir nunha posta a punto, pero tamén nunha modernización máis ca necesaria dos instrumentos de xestión económica e administrativa da entidade educativa.”…


Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios